O ALUMNADO DE 4º DE ESO E 2º DE BACHARELATO QUE QUEIRA VOLUNTARIAMENTE PRESENTARSE Á PROBA DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL DEBE INSCRIBIRSE ANTES DO XOVES 14 DE MARZO. (AVISAR ÁS COORDINADORAS BEGOÑA FERNÁNDEZ E SAÍNZA ARIAS) TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado
|
|||
|
|||
Un 8M máis, seguimos reivindicando a igualdade real e efectiva. E dende o IES de Chapela facémolo coeducando. Dende un ensino público e laico, asumimos o compromiso de ofrecer ao noso alumnado e a toda a comunidade educativa experiencias, formación, orientación e unha educación en valores libre de estereotipos de xénero para contribuír á construción dunha sociedade feminista e xusta. Hoxe e todos os días son 8M, día de defender e loitar polos dereitos de todas as mulleres. Velaquí vos deixamos unhas fotos dos actos de conmemoroación do 8M no centro, así como da nova pancarta que loce a fachada do edificio nestes días e do acto institucional do Concello de Redondela no que participou unha representación do alumnado e profesorado do IES.
|
|||||||
INFORMACIÓN DO CURSO ACADÉMICO EN EEUU PARA CURSAR 4º DE ESO OU ALGÚN CURSO DE BACHARELATO. Podes acceder á información pinchando aquí.
|
|||
ACHEGAMOS INFORMACIÓN DO OBRADOIRO QUE SE IMPARTIRÁ NO IES FLORIANI (REDONDELA) O LUNS 11 DE MARZO ÁS 18:30 HORAS.
|
|||
INFORMACIÓN AFD PROBA DE ACCESO CURSO: ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS. DATA: 6 MARZO 2024 10:30 H Para mais información pincha aquí.
|
|||
O día 26 de febreiro arranca no IES Chapela o reto da Semaniña Enteira: falar en galego as 24h do día durante 7 días. Retamos a toda a comunidade educativa para contribuír ao futuro da nosa lingua.
|
|||
A semana do 26 de febreiro ao 1 de marzo imos celebrar no IES de Chapela as Xornadas "Miradas diversas na infancia", organizadas polo Departamento de Servizos. Nestas xornadas levaranse a cabo distintas actividades para coñecer de primeira man experiencias de intervención e acompañamento a menores con diversidade funcional, así como para sensibilizar acerca da realidade que viven estes menores e as súas familias. Para iso contaremos con profesionais de recoñecido prestixio neste eido, procedentes de distintas entidades e centros da contorna. Tedes o tríptico informativo aquí.
|
|||
O 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, visitounos pola mañá a mesmísima Rosalía. Comprobamos que se atopa máis viva ca nunca. Preme aquí para ver o vídeo.
|
|||||
O martes 20 de febreiro o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato que cursa as materias de Latín, Grego e Filosofía acudiu, xunto coas profesoras de Filosofía e de Latín, ao Teatro Municipal de Tui para asistir a unha función teatral: Antígona de Sófocles, obra que forma parte do Festival de Teatro Grecolatino, organizado pola SEEC-Galicia, e representada polo Grupo Corzos Reunidos, casa de Castilla la Mancha (A Coruña). En Antígona desenvólvese un gran combate de ideas entre as leis divinas, santas e inviolables, e as leis civís, útiles e oportunas; dunha parte, unha moza, Antígona, doutra, un rei poderoso e autoritario, Creonte. Moitas son as interpretacións ás que deu pé unha obra tan maxistral e complexa. O que si queda de manifesto é que a oposición entre ambos se considera como a pugna entre dúas esferas de poder igualmente válidas, a divina e a humana, a da familia e a do Estado, a do mundo dos vivos e o dos mortos e, por último, o enfrontamento entre unha muller e o poder dos homes. Esta actividade permitiu ao noso alumnado gozar dun espectáculo que mantén os ingredientes do teatro clásico, teatro do que somos herdeiros, e entrar en contacto cos numerosos mozos e mozas de diversos centros educativos que alí acudiron e que son, como así manifestaron os organizadores, os que fan posible a presenza e continuidade na escena do mundo clásico.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »