O domingo 31 de marzo chegou a Santiago o alumnado francés do programa de intercambio EDUMOB. Ao noso centro chegarán Célestine e Kylian que se incorporarán ao grupo de 1º de Bacharelato acompañados polos seus anfitrións Gabriela e Andrés de 1º de Bacharelato, que xa pasaron a súa estancia en Francia. Esperamos que teñan unha fantástica experiencia en Chapela e unha moi boa acollida entre os seus compañeiros, compañeiras e toda a comunciade educativa, que os espera cos brazos abertos. Benvido e benvida!!
|
|||
|
|||
O ALUMNADO DE 4º DE ESO E 1º DE BACHARELATO DISFRUTARON DA APRENDIZAXE DOS DEPORTES DE NEVE NA ESTACIÓN DE GRANDVALIRA (ANDORRA). TODOS E TODAS VOLVERON SANS E SALVOS, MOI CANSOS PERO COAS MALETAS CHEAS DE AVENTURAS E BOS RATOS. ESPERAMOS QUE FOSE UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!! VOLVEREMOS!! MOITAS GRAZAS A TODOS/AS
PODES VER O VÍDEO COAS FOTOS DA EXCURSIÓN PICANDO AQUÍ
|
|||
Achegamos un documento informativo elaborado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre as avaliacións de diagnóstico que está previsto que se realicen os próximos días 10 e 11 de abril co alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso de ESO. Pincha aquí para acceder ao documento.
|
|||
Benvida, primavera!!! O alumnado de 1º de APSD decorou o taboleiro de Meteoescolas con este mural tan primaveral.
|
|||
Hoxe, venres 22 de marzo, puidemos gozar dunha nova edición dos Xogos Populares. Nesta actividade, que se desenvolve nas instalacións do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda e do noso centro, participan conxuntamente alumnado de 6º de Primaria dos colexios adscritos (CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, CEIP Plurilingüe Igrexa e CEIP de Laredo) e alumnado de 2º da ESO do IES de Chapela. A través dunha divertida xornada de xogos colectivos coordinados polo noso alumnado de 1º curso do ciclo superior de Educación Infantil, buscamos crear vínculos entre o presente e o futuro alumnado do IES, así como achegar a rapazada á parte máis lúdica da cultura tradicional galega. Unha xornada para recordar... bañada polo espléndido sol que luciu toda a mañá! Pica na foto para acceder á galería.
|
|||
O 21 de marzo tivo lugar no IES de Chapela a fase de centro do Canguro Matemático, concurso de resolución de problemas no que participan simultaneamente miles de estudantes da ESO de todo o Estado Español promovido pola FESMP. 75 minutos intensos de razoamentos matemáticos para exercitar a mente do noso alumnado.
|
|||
O alumnado de 2º de Educación Infantil, dentro do programa Meteoescolas deste curso, realizou un traballo para relacionar a vestimenta infantil coa meteoroloxía. Rematouno con esta exposición que se pode ver no 1º andar do centro. Agradecemos a súa implicación.
|
|||||||
|
|||
Hoxe presentamos unha iniciativa dos departamentos de Ciencias (Física e Química, e Tecnoloxía) e a Brigada Violeta: a táboa periódica das mulleres científicas. Nesta táboa tendes a máis de 100 mulleres recoñecidas polo seu labor científico. Algunhas tan pioneiras como Mary Anning, a primeira persoa no mundo que recoñeceu e construíu un esqueleto dun dinosauro, iniciando a paleontoloxía. Dicíase que a ciencia non é cousa de mulleres, pero aquí tendes a proba de todo o contrario. Ao longo da Historia ás mulleres interesoulles o coñecemento científico e desenvolvérono mesmo en contra de quen lles dicía que non era materia para elas. Nesta táboa periódica tendes mulleres que facían ciencia no mundo Antigo, como Hipatia de Alexandría, astrónoma, filósofa e matemática; da Idade Media, como a astrónoma Fátima de Madrid ou a abadesa Hildegarda de Bingen, que ademais de científica era música e teóloga. Moitas máis aparecen na Idade Moderna e na Contemporánea, onde as mulleres nos fomos facendo sitio na ciencia aínda que custou que recoñecesen a nosa valía. As mulleres científicas sobresaen en todos os campos do saber. As cores distintas nas fichas desta táboa periódica correspóndense cos campos diferentes nos que destacaron. Hai biólogas e inventoras en azul e físicas en laranxa. As amarelas son químicas; as moradas, matemáticas; as vermellas son astrónomas; e as verdes, investigadoras no campo das ciencias da saúde. Hai nesta táboa mulleres que viron como lles roubaban premios e méritos, como é o caso de Rosalind Franklin ou Veran Rubin, ás que se lles usurpou o premio Nobel, dándollelo a outros, homes, polo traballo de investigación que fixeran elas. Pero tamén hai moitas mulleres recoñecidas e premiadas. Está Marie Curie, a única persoa no mundo gañadora de dous premios Nobel, un en Física e outro en Química, e tamén hai outras moitas premios Nobel. Nesta táboa atoparedes catro mulleres máis co Nobel de Química, dúas máis co Nobel de Física e once mulleres co premio Nobel de Medicina. Na táboa hai moitas mulleres norteamericanas e europeas, pero tamén doutros continentes. Así podedes atopar a bióloga nixeriana Wangari Mathaai, a matemática chinesa Wang Zhenyi ou a química e farmacéutica Youyou Tu. E o que é máis importante: no grupo dos elementos de transición interna tendes en destaque científicas do estado español con renome a nivel internacional. Deste grupo queremos destacar de xeito especial ás galegas: a enfermeira de Ordes Isabel Cendal, a matemática coruñesa María Wonenburger, a paleontóloga ourensá María Martinón, e tamén a ourensá, matemática e astrónoma, Antonia Ferrín Moreiras e a oceanógrafa ferrolá Ánxeles Alvariño.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »