REMATAMOS O CURSO!! PARA INAUGURAR O VERÁN E AS MERECIDAS VACACIÓNS, O XOVES 20 DE XUÑO O ALUMNADO DO IES CHAPELA DE ESO E BACHARELATO ACHEGÁMONOS ÁS ILLAS CÍES PARA DISFRUTAR DUNHA XORNADA DE CONVIVENCIA AO AIRE LIBRE NESTE PARAÍSO NATURAL. ACOMPAÑADOS POLO PROFESORADO FIXEMOS UN ROTEIRO POLA ILLA PARA DESPOIS DISFRUTAR DE TEMPO LIBRE NA PRAIA. Pica aquí para ver máis.
|
|||
O Multiusos do Piñeiral do Crego acolleu na tarde do martes 18 de xuño a gala de entrega de premios de Teatro Radiofónico para alumnado de 1º e 3º de ESO do IES de Chapela, recoñecendo os mellores traballos realizado polo alumnado dentro da materia Proxecto Competencial. Parabéns a todas e todos os premiados e participantes polos grandes traballos realizados!. Podedes picar na imaxe para acceder á galería de fotos.
|
|||
Podedes consultar aquí a oferta de ciclos formativos no IES de Chapela no curso 2024-25. Con respecto a cursos anteriores, ofertamos un novo ciclo: o CS de Mediación Comunicativa. Este ciclo ofértase no réxime ordinario, pero en HORARIO DE TARDE (ver aquí). Os ciclos presenciais do réxime de persoas adultas / modular ofértanse de tarde nun NOVO HORARIO (ver aquí). Nestes ciclos, para saber os módulos asignados ao Horario 1 e ao Horario 2 en cada caso, pinchade aquí.
|
|||
No mes de maio de 2024 o alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Chapela instalou, na estación meteorolóxica do centro, un barómetro proporcionado por Meteogalicia, no marco do Programa Meteoescolas, no que participa o curso 2023/2024 o noso instituto. Podes velo pinchando aquí.
|
|||
O IES de Chapela acadou un 100% de aprobados na convocatoria ordinaria da ABAU entre o alumnado que completou 2º de Bacharelato no presente curso 2023-24. Parabéns a todas e todos por este resultado, e ao profesorado polo seu labor preparatorio ao longo de todo o curso!
|
|||
Xa está publicado o calendario de admisión en ciclos formativos (oferta ordinaria e modular) para o curso 2024/25. Máis información sobre o proceso aquí.
|
|||
CALENDARIO DE EXAMES DE MAIO 2º BACHARELATO CALENDARIO DE EXAMES DE XUÑO 2º BACHARELATO CALENDARIO MAIO e XUÑO 2º BACHARELATO CALENDARIO REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS O ALUMNADO PODE ATOPAR TODA A INFORMACIÓN, HORARIOS, IMPRESOS DA ABAU NA PÁXINA DA CIUG. O ALUMNADO QUE APROBE TODAS AS MATERIAS NA AVALIACIÓN ORDINARIA (16 MAIO) TEN QUE SOLICITAR A EXPEDICIÓN DE TITULO DE BACHARELATO O DÍA 20 DE MAIO PAGANDO AS TAXAS (54 € MATRÍCULA ORDINARIA) (TER EN CONTA QUE OS BANCOS HABITUALMENTE TEÑEN HORARIO RESTRINXIDO PARA FACER ESTAS OPERACIÓNS, A PRIMEIRA HORA) E PAGAR AS TAXAS DA MATRÍCULA DA ABAU (63,67€ MATRÍCULA ORDINARIA). E MATRICULARSE PARA A ABAU O DÍA 20 DE MAIO ENTREGANDO A DOCUMENTACIÓN NA SECRETARÍA DO CENTRO.
|
|||
|
|||
A proba de competencia dixital da área 4 de nivel intermedio para alumnado de ciclos medios de FP será o próximo xoves 13 de xuño ás 17:00 horas na aula de informática do instituto. Prégase ás persoas inscritas que estean 15 minutos antes da proba (ás 16:45 horas) no vestíbulo do centro.
|
|||
A continuación podedes desfrutar das oito obras de teatro radiofónico elaboradas polo alumnado de 3º ESO ao longo deste curso 23-24 na materia de Proxecto competencial. Xunto ao audio de cada peza incorporamos a ficha técnica cos nomes dos alumnos e alumnas que escribiron os guións, o reparto vocal, música e efectos empregados, e unha pequeña sinopse da obra.
|
|||||||||||||||||||||||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »