Escoitar, Aprender e Compartir

ACTIVIDADE DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA: CROS XOGADE EN ZAMÁNS ALUMNADO 1º E 2º DE ESO

O ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO PARTICIPOU NA EDICIÓN DESTE CURSO DA CARREIRA CAMPO A TRAVÉS ORGANIZADA POR XOGADE E QUE TIVO LUGAR EN ZAMÁNS (VIGO). O ALUMNADO FIXO MOI BOAS CARREIRAS, TODOS E TODAS DISFRUTARON MOITO DO DEPORTE AO AIRE LIBRE E DE REALIZAR ACTIVIDADE FÍSICA NO MONTE ACOMPAÑADOS POR OUTROS RAPACES E RAPAZAS DOUTROS CENTROS. PARABÉNS!! PINCHA AQUÍ PARA VER MAIS FOTOS.

 

Alumnado de 2º de Bacharelato acada a certificación B1 en Francés

Parabéns ao noso alumnado de Francés de 2º de Bacharelato Gabriela Domínguez González, Andrés Rodríguez Cano e Sara Vilas Casal que acadou a súa certificación B1 expedida pola Alliance Française con excelentes resultados.

Resolución das solicitudes de validación

Podedes consultar aquí a resolución das solicitudes de validación de módulos profesionais do curso 2024/25.

Para calquera dúbida ou aclaración en relación con este tema, contactade coa xefatura de estudos de ciclos.

Contra a resolución de validación, a persoa solicitante poderá presentar recurso de alzada, no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación, perante a persoa titular:

a) Do departamento territorial de cada provincia, para as validacións que sexan competencia da persoa titular da dirección do centro.

b) Da Secretaría Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación e Formación Profesional e Deportes, para as validacións que sexan resoltas por este ministerio.

c) Da Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, para as validacións que sexan resoltas pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional da mesma consellería.

NOTA: Os datos aparecen anonimizados ocultando caracteres do documento de identidade das persoas solicitantes.

Concurso de relatos de medo 2024

Volven os recreos con música en galego!

Rexistro de datos meteorolóxicos no IES de Chapela

Un curso máis, dentro do Proxecta MeteoEscolas, comezamos co rexistro diario dos datos de temperatura máxima, temperatura mínima e choiva das últimas 24 horas, tomados polo alumnado de 1º ESO  ás 12:10. Estarán visibles no calendario ARASAAC do vestíbulo para toda a comunidade educativa e na páxina de Meteogalicia, no apartado de Observación/MeteoEscolas para público xeral.

Acceso do alumnado de distancia á plataforma de teleformación

O acceso aos cursos de FP a distancia realizarase a través da plataforma https://fpadistancia.edu.xunta.gal. Para isto, o alumnado deberá dispor previamente dunha conta de correo corporativa de edu.xunta.gal coa cal autenticarse.

Ao matricularse, un proceso automático enviará un correo electrónico coas instrucións para a activación da súa conta. Neste correo o alumnado recibirá un nome de usuario e un PIN.

Para modificar o contrasinal, o alumnado deberá ir á aplicación https://www.edu.xunta.gal/contausuario e seguir estes pasos: 4. Modificar contrasinal > 4.1 Modificar > Utilizo a miña conta para: Outros fins > Continuar Esquecín o contrasinal pero recordo o PIN (introducir o PIN de activación recibido) > Continuar, e introducir e confirmar o contrasinal que o alumnado decida (sempre que sexa válido) até completar o proceso.

Finalmente, o alumnado poderá acceder á plataforma https://fpadistancia.edu.xunta.gal co seu nome de usuario (sen edu.xunta.gal) e o novo contrasinal creado.

No caso de haber algunha incidencia despois de seguir estas instrucións ou de non ter recibido o correo coas instrucións, o alumnado deberá contactar coa UAC (Unidade de Atención a Centros): 881 99 77 01 -uac@edu.xunta.gal.

 

Supresión do CS Mediación Comunicativa

Anunciamos que se suprime da oferta do IES de Chapela o CS Mediación Comunicativa, que era de nova implantación neste curso 2024/25 (na oferta ordinaria e en horario de tarde), por falta de matrícula.

Ligazón para a presentación online dos ciclos a distancia o xoves 12 de setembro ás 19:00 horas

Tedes aquí a ligazón para conectarvos á presentación dos ciclos a distancia (CS Dietética, CS Educación Infantil e CS Integración Social) o próximo xoves 12 de setembro ás 19:00 horas. Só tedes que picar nela para acceder (sen necesidade de descargar o programa).

Libros de texto 24-25

Nova actualización 20/09/2024 nos libros de texto de 2º Bacharelato

 

ESO: O centro dispón de libros de texto correspondentes a doazóns das familias e ao anterior Fondo de Libros que poderá prestar ao alumnado que o precise. Recoméndase esperar a setembro e falar co profesorado de cada materia para ver a dispoñibilidade.

Os cadernos de música, debuxo e francés son individuais e non reutilizables, por iso todo o alumnado que curse estas materias debe mercalo.

Pica no curso para descargar as listas de libros correspondentes a cada nivel. 

 

1º ESO    2º ESO     ESO    4º ESO

 

Bacharelato    2º Bacharelato

Distribuir contido