Dende o IES de Chapela queremos expresar a nosa máis fonda solidariedade con todas as persoas afectadas pola DINA que golpeou sobre todo á Comunidade Valenciana. Enviámosvos de todo corazón a nosa forza e agarimo para afrontar esta situación e desexamos que poidades volver á normalidade o máis axiña posible. Seguindo as recomendacións da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que anima a priorizar neste momento as doazóns directas a Cruz Vermella como vía para canalizar a axuda dirixida a paliar as consecuencias da emerxencia, deixamos aquí unha ligazón para as persoas interesadas en facer a súa achega: https://www.cruzroja.es/inicio-web/
|
|||