Antes de que chegase definitivamente o terror á biblioteca, no Túnel do venres 28, os dous días previos lemos algúns relatos con alumnado de 1º da ESO.
Agardamos que sirva para abrir boca e animar a todo o mundo a participar no concurso de microrrelatos que se aveciña!!
Para celebrar o Día das Escritoras, este ano o 17 de outubro, no vestíbulo do instituto colocamos un papel en branco no que se puido escribir o nome dunha delas, coa finalidade de darlles, dalgunha maneira, visibilidade.
Por outra banda, desenvolvemos na biblioteca dúas sesións de lecturas (con 4º A e 4º C) de textos dos seleccionados pola comisaria do Día nesta edición, Carmen Domingo. Trataban arredor da guerra: o papel da muller nela ou a visión que ofrece. Pódense ler todos na páxina de bibliotecas escolares
Podedes ver imaxes…
Cada ano nesta data celébrase o Día das Bibliotecas, para recordar a destrución da Biblioteca de Sarajevo na guerra dos Balcáns en 1992, na que se destruíron irremediablemente dous millóns de libros, artigos e revistas.
Son moitas as iniciativas que se desenvolven neste día. No instituto comezamos esta actividade, xa tradicional entre nós, a HORA DE LER, coa que aproveitamos o bo que nos proporcionan os libros que podemos gozar e que nos axudan tamén na tarefa que levamos a cabo a diario aquí, no instituto.
É unha iniciativa proposta desde a biblioteca e apoiada polo profesorado e todos os estamentos implicados na vida do centro. Agardamos que a iniciedes con ilusión e aproveitamento.
Será case o comezo dun ano que, desde as Bibliotecas Escolares de toda Galicia, ten como lema para este curso Escribir a biblioteca escolar.
Feliz HORA DE LER!
De acordo con este calendario o alumnado de 1º da ESO puido coñecer a nosa biblioteca e recibir in situ información do seu funcionamento. Foi a primeiros deste mes de outubro.
Desde aquela tamén está dispoñible nesta páxina web a Guía da Biblioteca 2022/2023 para todos aqueles que precisen consultar algunha cuestión relacionada con ela.
E, se non, xa sabedes onde está!
O día 26 de setembro celébrase desde 2001 o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS, establecido para preservar a riqueza da diversidade lingüística de Europa e potenciar a súa aprendizaxe.
O día 30 de setembro homenaxéase a san Xerome, patrón dos tradutores, no DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCIÓN, coa fin de facer ver a importancia destes profesionais nun mundo cada vez máis globalizado.
Combinando as datas, propoñémosvos que vos fagades investigadores-tradutores por un breve tempo e participedes no CONCURSO da nosa biblioteca.
Aproveitamos tamén para homenaxear ao escritor Javier Marías quen, na súa derradeira columna de “La zona fantasma”, reivindicaba precisamente o traballo dos tradutores.
Hai dúas modalidades, unha para ESO (1º a 3º) e outra para 4º e BAC.
O prazo de entrega remata o 11 de outubro.
ANÍMATE!!