Un ano máis, o dúo integrado por Charo Pita e Patricia McGill pasou polo noso Centro para deleitarnos co seu espectáculo de Contacontos en inglés e galego. Nesta ocasión foi o alumnado de 1° e 3° da ESO o que tivo a oportunidade de gozar desta forma orixinal de contar novas e vellas historias e do humor e a profesionalidade destas dúas artistas do relato oral. E quedaron encantad@s!
Connaître une langue et la culture d'un pays passe aussi par la gastronomie. Jéremy nous a fait découvrir dans son "food truck" la culture bretonne grâce aux crêpes, dessert essentiel dans la cuisine française. Il a partagé son savoir-faire avec les élèves de notre centre qui se sont vraiment régalés !
Coñecer o idioma e a cultura dun pais pasa tamén pola gastronomía. Jérémy fíxonos descubrir no seu “food truck” a cultura bretona a través das crêpes, sobremesa esencial na cociña gala. Compartiu o seu saber co alumnado do noso centro que desfrutou este momento culinario chupándose os dedos.
O alumnado de 2° Eso D, 3° Eso A e B e 4° Eso C, con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo) fixo como traballo a elaboración dunha breve descripción sobre a vida dunha muller importante para cada un deles, coa súa profesora de Matemáticas Ana M. Domínguez.
No sorteo que tivo lugar o luns 20 de marzo, xa rematado o segundo trimestre, entre os lectores da biblioteca que devolven en tempo os libros prestados, resultou afortunada co vale de 25 € para libros a alumna de 1º ESO-C Daniela López García.
O alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería e de Bioloxía de 1º de bacharelato asistiu o 15 de marzo a esta charla impartida pola profesora da Escola de Minas María Teresa Rivas Brea. Unha interesante descrición de casos reais nos que se traballa na recuperación do medioambiente de xeito compatible coa explotación de recursos. Tamén fixo importantes reflexións sobre as actitudes que deberíamos ter para manter a nosa contorna.
Este 8M celebramos o día da muller pintando as nosas caras. Rapazas e rapaces xunto co profesorado debuxamos símbolos morados noso nosos rostros para visibilizar o noso apoio ao movemento feminista por unha sociedade na que todas e todos teñamos as mesmas oportunidades e deireitos.
Coma todos os cursos este ano voltamos celebrar o 8M por todo o alto. Para esta semana o alumnado preparou a exposición "Expobarbi" remedando a Isabel Blanco en "Rompe. Xoga en igualdade". Xa podedes comprobar que crearon unhas obras nas que destaca a denuncia e a visibilización da situación actual da muller.
Por outra banda tamén podedes ver os traballos feitos polo alumnado de Debuxo inspirándose na forza das mulleres.
Por último, propoñemosvos un xogo de emparellar unha ilustración dunha muller ilustre coa súa biografía.