O pasado 7 de novembro, arredor do Día de Defuntos e da celebración do Samaín, na biblioteca do instituto levamos a cabo, como xa é tradicional, a lectura de textos relacionados con ese mundo: fragmentos de A neve interminable de Agustín Fernández Paz, o relato de Edgar Allan Poe El corazón delator, a lenda de Bécquer El monte de las ánimas ou os contos premiados nas anteriores convocatorios no noso Concurso de microrrelatos fantásticos e de terror.
Mesmo houbo quen se atreveu a contar unha historia de medo.
Podedes ver as fotos da experiencia con alumnado de 1º da ESO.
Estamos en novembro, MES DA CIENCIA nas bibliotecas escolares.
No instituto celebramos a SEMANA DA CIENCIA (desde o día 4) cunha exposición no vestíbulo de carteis de táboas periódicas de distinta feitura.
Este ano 2019 foi declarado pola Nacións Unidas o Ano Internacional da Táboa Periódica, por celebrarse o 150º aniversario do seu establecemento polo ruso Dmitri Mendeléiev. A táboa é empregada en moitos ámbitos vitais do coñecemento, como a física, a química ou a bioloxía.
Para contribuír a esta celebración, desde a biblioteca e por iniciativa do departamento de Física e Química convocouse un concurso para descubrir entre uns anagramas os elementos ocultos correspondentes da táboa periódica:
O prazo de entrega das solución remata o próximo 15 de novembro; quen acerte recibirá como premio un vale para a compra de libros de divulgación científica.
Non deixedes de participar!!
Quen entrou ultimamente na biblioteca terá apreciado o ben que están vestidas algunhas mesas, xa que estrean cuberta de papel e vidro. E entre eles -ou sexa, no medio do papel e o vidro- imos poder contemplar exposicións variadas, como xa podemos facer agora cunha ben fermosa de xerras debuxadas polo alumnado de 2º de bacharelato.
E toda esta historia vén da man... como non! de Chus e mais de Yolanda, que non paran de lles dar ós miolos.
E nós que o vexamos!!
Nestes últimos días de outubro demos a coñecer os servizos da biblioteca ao alumnado de 1º da ESO.
Despois dun percorrido visual polos fondos, indicando a súa organización, e de explicarlles como cubrir unha ficha de préstamo, fixeron por grupos a busca dun libro do que lles proporcionamos os datos técnicos, uns con máis fortuna ca outros.
O fragmento que propoñemos para traducir relata o momento no que os mergulladores do Nautilus recollen do fondo da baía de Vigo os tesouros afundidos na Batalla de Rande.
Propóñense varias linguas de partida (francés, inglés, galego e castelán) para traducir desde unha delas a dúas linguas diferentes.
Valorarase a corrección e mais a orixinalidade da tradución e mais das linguas escollidas.