Traballo realizado polo alumnado de 3º-4ºESO e 1º-2ºBAC utilizando unha materia tan efímera, e ao mesmo tempo tan manipulable e chea de cor como a comida.
Os alumnos e alumnas de 2 ESO AB e C foron convocados a participar no 10º CONCURSO EUROPEO DE MARCA-PAXINAS.
https://www.iessanclemente.net/programas-europeos/letras-galegas/
Tiñan que elaborar un marca - paxinas relacionado con Ricardo Carballo Calero nunha cartolina ou papel reforzado. Tamén podían facer unha montaxe co ordenador.
Ao ser unha proposta da materia de Inglés, a particularidade que teñen estes traballos é que por un lado están en galego e por outro en Inglés (non necesariamente ca mesma información)
https://teteg665.blogspot.com/2020/05/bookmarks-second-eso.html
Entre todos os traballos presentados, é unha ledicia comunicarvos que o traballo de ANA DIAZ CARIDE foi premiado cun accesit:
https://www.iessanclemente.net/2020/05/13/10o-concurso-europeo-de-marcapaxinas-fallo-do-xurado/?fbclid=IwAR3J3FQvPYqDFqrV83DzkVlGlpMu2fzWj3ZC1pA6QahxiCkh5kKXa6ENjhk
No seu momento lle será entregado un diploma e un cheque con valor de 30 euros en material escolar e librería. Parabéns!!!
Vídeo do traballo feito polo alumnado de plástica do centro, onde expresan cunha palabra o que sinten na corentena:
Morning Star Xosé Miranda
Na 2º quincena de febrero o 2º grupo de lectura de 1º de Bacharelato A, B e E leron e falaron da novela Morning Star.
Os fillos do mar Pedro Feijoo
En febreiro, un dos grupos de lectura de bacharelato formado por alumnos de 1º A e E comentaron esta novela de P. Feijoo.
A trama desenvólvese en Vigo en novembro de 2010.A historia iníciase cado Simón Varela, arquitecto, recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias…
O último traballo do señor Luna C. Mallorquí
O segundo grupo de lectura de 3º ESO A leu e comentou en febreiro O último traballo do señor Luna.
Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun asasino a soldo, dunha emigrante latinoamericana e dun adolescente.