O 21 de febreiro, con motivo da celebración do entroido, un grupo de "exalumnos" realizou unha actuación moi especial. Esperamos que vos guste!
Do 4 ao 7 de febreiro un grupo de alumnas e alumnos de 3ºESO viaxou á estaciń de esquí de Leitariegos. Aquí vos deixamos algunhas fotos desta actividade:
Na semana do 17 ao 21 de febreiro o alumnado de 1ºESO participou nunha nova edición desta actividade que se realizou coa colaboración da nosa ANPA e do supermercado Froiz da peatonal (que donou os alimentos empregados).
O día 17 de febreiro en conmemoración do día da muller e da nena na ciencia, o alumnado de 2ºESO asistiu a uns obradoiros no museo Verbum "Casa das palabras". Puideron facer experimentos relacionados cos traballos de diferentes científicas: Margarita Salas, Alice Ball, Valentina Tereshkova, Marie Curie, ... Observaron a través do microscopio, descubriron o ADN do plátano, firexon un cohete e un paracaídas, entre outras actividades.
O xoves 20 de febreiro os alumnos de 1ºBAC e 2ºESO tiveron a oportunidade de escoitar a Tammy, de Burlington Books, impartir unhas interesantes charlas culturais e literarias.
El increíble caso de Barnaby Brocket John Boyne
El libro titulado El increíble caso de Barnaby Brocket fue hecho por el escritor de El niño del pijama de rayas.
Comecei o libro pensando (e esperando) que fose unha historia de amor romántica. Ao principio estaba un pouco decepcionada, porque a historia parecía bastante lenta ata a metade, e había pouco amor e romance.
A historia foi escrita hai uns 200 anos. A linguaxe é un pouco arcaica, e as oracións realmente longas fan que sexa un pouco máis difícil de entender. Ás veces, sentía que debería deixar o libro e comezar a ler algo máis. Pero non quería arriscarme a perder valiosas xemas de sabedoría, que o libro podería conter, que aínda non atopara. Estou moi feliz de ter chegado ata o final, porque atopei algunhas leccións realmente boas.
O libro lévanos nunha viaxe xunto cos personaxes principais; nesta lídase co amor, os sentimentos, os malentendidos, as relacións, as persoas e os problemas, tanto dentro como fóra da familia. Moitas das cousas polas que pasan son moi similares ás que experimentamos na nosa vida diaria. Hai moito que aprender sobre como debemos facer certas cousas e como non debemos facelas.
Aquí deixo as dúasleccións máis importantes que aprendín:
Ás veces, tendemos a pensar demasiado, reaccionar de forma esaxerada ou preocuparnos innecesariamente por certas situacións e circunstancias. Ao facelo, só cansamos aínda máis. Necesitamos entender que non controlar as nosas emocións pode enviar directamente a nosa felicidade ao desaugadoiro.
As palabras poden destruír ás persoas. Nós, como Elizabeth, pode que non nos deamos conta de canto dano poden causar as nosas palabras. Si, ás veces nos molestamos; e ás veces, moito. E poderiamos deixar que as nosas bocas traballen máis rápido que os nosos cerebros. Un momento de pensamento podería salvar a unha persoa de moitas dores de cabeza, e tamén nos salvará da culpa de magoar a alguén involuntariamente.
Publicado anonimamente en 1813 pola autora inglesa Jane Austen, Orgullo e prexuízo é un exemplo dunha "novela de modais", que presenta unha imaxe realista da sociedade a través dos costumes e xeitos da vida cotiá. Ao representar relacións complexas entre terratenentes e comerciantes, aqueles con diñeiro antigo e os novos ricos, e homes e mulleres, Orgullo e prexuízo ofrece unha visión das estruturas sociais da Inglaterra de principios do século XIX. O enfoque principal da novela é o matrimonio, especificamente na súa capacidade como a forma máis práctica para que as mulleres de pequena fortuna garantan a súa seguridade financeira. Retrátase como as leis de propiedade fan que as mulleres dependan das relacións masculinas e os estándares estritos para o seu comportamento. Tamén trata sobre a complicada xerarquía social que vira ao redor da propiedade da terra e a etiqueta. Moitos personaxes de Orgullo e prexuízo buscan parecer socialmente superiores e congraciarse cos ricos; A novela, con todo, argumenta que a verdadeira boa crianza implica integridade, amabilidade e humildade.
Mariana Di Giannantonio 1º Bac E
Enderezo descoñecido Kressmann Taylor
Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.
Achegándonos ao Entroido, o alumnado de 2º de ESO preparou uns fermosos traballos coa súa profesora Liliana Carro nos que se recolle información e fotos sobre distintas celebracións das que se fan por toda Galicia. Podes consultalos clicando aquí (pdf).
Os traballos están expostos no vestíbulo para que todos poidamos velos e quen queira opte a gañar un concurso respondendo as preguntas que se fan sobre eles.
Alumnas de 3º e 4º de ESO participaron nos obradoiros que se organizan no marco da iniciativa Elas fan CienTec 2020 con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia o 11 de febreiro no campus de Vigo, na EE de Telecomunicación.
Asistiron tamén á proxección dunha serie de vídeos nos que profesoras, investigadoras e estudantes da Universidade de Vigo das titulacións das ramas de tecnoloxía e ciencias explicaron por que elixiron a súa profesión, como desenvolven o seu traballo e a importancia que ten a presenza de mulleres en todos os eidos.