Actividades 2017/2018

Perla

   

Vinte mil leguas baixo dos mares

            Para o poeta a perla é unha bágoa do mar; para os orientais, é unha pinga de orballo solidificada; para as damas é unha xoia de forma oblonga, dun brillo hialino e dunha materia nacarada que levan no dedo, no pescozo ou na orella; para o químico é unha mestura de fosfato e de carbonato de cal cun pouco de xelatina; e, finalmente, para o naturalista, é unha simple secreción doente do órgano que produce a nácara en certos bivalvos.



[Segunda parte, capítulo II: “Unha nova proposta do capitán Nemo”]

Actividade colaborativa co IES Torrente Ballester

          O día 31 de xaneiro un grupo de estudiantes de Bacharelato de Adultos fixo unha actividade colaborativa co IES Torrente Ballester de Pontevedra. María Victoria Moreno, a autora homenaxeada neste ano no Día das Letras Galegas, foi docente neste centro pontevedrés e toda a súa biblioteca atópase depositada nel. Con este motivo o noso alumnado participou, xunto con alumnos do Torrente Ballester, na creación dun mural conmemorando dita celebración. Ademáis realizouse unha visita o Museo de Pontevedra, onde, entre outras cousas, visitamos unha das sala adicadas a Castelao.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Actividade colaborativa co IES Gonzalo Torrente Ballester

HORA DE LER - Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares" (capítulos I-III. 2ª parte)

   
Unha perla de dez millóns
(Do 21 ao 30 de xaneiro de 1868)


    Aquí comeza a segunda parte desta viaxe baixo o mar. A primeira rematou na conmovedora escena do cemiterio de coral.
    Toda a vida do capitán Nemo se desenvolvía no seo deste mar inmenso, e non había nada que el non tivese preparado, mesmo a súa tumba. Alí nin un só dos monstros do océano viría perturbar o derradeiro soño dos hóspedes do Nautilus. “Ningún home tampouco!”, engadira o capitán.
    Sempre aquela desconfianza contra as sociedades humanas! A min xa non me contentaban as hipóteses que satisfacían a Conseil. Este bo rapaz persistía en só ver no comandante do Nautilus un deses sabios descoñecidos que responden á indiferenza da humanidade co desprezo. Mais, ao meu parecer, aquela hipótese non explicaba máis que unha das facetas do capitán Nemo.

30 de xaneiro, Día da Ilustración

     Hoxe, día 30 de xaneiro, celébrase o Día da Ilustración, instituído neste día en recordo do nacemento de Alfonso D. Rodríguez Castelao, que dá nome ao noso centro.

     Con tal motivo, podemos ver no vestíbulo uns carteis nos que figura  información sobre a vida deste home polifacético tan importante para Galicia.

     Entre eles hai un cartel de cego da autoría de Isaac Díaz Pardo, no que vai debullando, viñeta a viñeta, o que foi a vida de Castelao.

     E ao pai de Isaac Díaz Pardo, precisamente, é a quen este ano se lle dedica o Día da Ilustración: a Camilo Díaz Baliño (1889-1936), extraordinario intelectual, escritor e artista gráfico que foi fusilado nos inicios da Guerra Civil.

Alimentación saudable. Que sabemos?

          O xoves 25 de xaneiro visitounos Ainhoa Alemany especialista en nutrición da clínica Nutrisalud que impartiu a charla: Alimentación Saudable, Que sabemos?

Álbum: Curso 2017/2018 -> Alimentación. Que sabemos?

Consumo de substancias psicoactivas e os seus efectos sobre a saúde

 

          O luns 22 de xaneiro o alumnado de 1º de Bacharelato participou nunha charla impartida por Miriam Otero, do Servizo de Prevención de Condutas Adictivas da Consellería de Sanidade.

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

 

  O 18 de decembro de 2017 o alumnado de 3º ESO A reuniuse no recreo para falar sobre unha das obras  escollidas para este curso no Club de Lectura: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, editado por Xerais e gañadora do Premio Lazarillo 2015.

A novela conta unha historia fantástica no Vigo do 1884: O escritor Verne, xa famoso grazas ás súas novelas, volta a Vigo para coñecer persoalmente o novo invento de Antonio Sanjurjo Badía –un submarino-, que está inspirado no Nautilus co que o capitán Nemo percorría os fondos de Rande en Vinte mil leguas baixo dos mares. Ademais, está moi interesado no enigma sobre mulleres que se converten en plantas.

"Todos deberíamos ser feministas" de Chimamanda Ngozi Adichie

    O pasado venres 19 de xaneiro de 2018 xuntámonos no recreo para comentar este libriño.
    Valoración unánime: “Encantoume”. A uns porque nos reafirmou no que xa pensabamos, a outros porque nos axudou a ver as cousas de maneira máis clara, porque afonda na cuestión de forma moi comprensible,  tamén porque presenta a situación dunha maneira cómica ou desenfadada, sen acritude…
    Hai quen ataca as feministas por non defender tamén os dereitos dos homes pero estes, en comparación, téñenos bastante ben consolidados.
    Valoramos moi positivamente esta lectura e todos os participantes nesta sesión consideramos que segue habendo moitos prexuízos na sociedade, herdeira dun modelo absolutamente patriarcal.

O Pergamiño Vindel- Museo do Mar

O pasado 16 de xaneiro os alumnos de 1º de bacharelato B e D visitaron  no Museo do Mar de Vigo a exposición  titulada “Pergamino Vindel. Un tesouro en sete cantigas”. 

O alumnado, na primeira parte da visita, coñeceu aspectos sobre a sociedade da época medieval e  como se elaboraban os  pergamiños (materiais nos que se escribía, tintas, útiles  de escritura, quen os escribía…). Na segunda parte, aprendemos  aspectos da cultura  da época como a arte románica, instrumentos musicais e finalmente o pergamiño de Martín Códax coas sete cantigas de amigo e a súa música.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Visita ao Pergamiño Vindel
Distribuir contido