Actividades 2017/2018

HORA DE LER - Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares" (capítulos XXIII e XXIV). Fin da primeira parte da novela

   
   Un cemiterio de coral
(Do 10 ao 20 de xaneiro de 1868)
           [Jules VERNE, Vinte mil leguas baixo dos mares, XXIII-XXIV. Fin da 1ª parte]


AEGRI SOMNIA
    O 10 de xaneiro, o Nautilus continuou a súa travesía cunha gran velocidade que calculei en non menos de trinta e cinco millas por hora.
    Navegabamos directamente cara ao oeste e o 11 de xaneiro dobramos o cabo Wessel. Os arrecifes aínda era numerosos, pero xa máis dispersos. O 13 de xaneiro, o capitán Nemo chegou ao mar de Timor e á illa deste nome, que está gobernada por raxás. Estes príncipes din que son fillos de crocodilos. Os seus escamosos antergos abundan nos ríos da illa. Mais o Nautilus non tivo ningunha relación con estes desagradables animais. Timor só foi visible por un instante.
    A partir de aquí o Nautilus enfiou cara ao sudoeste. A proa púxose rumbo ao Océano Índico. Onde nos levaría a fantasía do capitán Nemo? Subiría de novo cara ás costas de Asia? Achegaríase ás costas de Europa? O futuro xa nolo diría.

Burlington UK Culture Class


          O  Departamento de Inglés ven de organizar os pasados días 20 e 21 de decembro de 2017 unhas charlas culturais sobre distintos aspectos da cultura británica (Food & Drink, The Royal Family, Sport, Music, English Literature...) impartidas por Tammy, unha representante da editorial Burlington Books para todo o alumnado da ESO e 1º Bacharelato.
          Dun xeito interactivo e moi divertido, o noso alumnado tivo a oportunidade de amosar os seus coñecementos e aprender moitos outros aspectos sobre a cultura británica, ao mesmo tempo que participaba no famoso concurso “Who Wants to be a Millionaire?” ... e moit@s mesmo gañaron un premio!

Sorteo do primeiro trimestre entre os lectores da Biblioteca

          Como xa vén sendo habitual, á fin de cada trimestre unha man inocente saca da urna unha das fichas dos libros prestados que foron devoltos EN PRAZO. Desta maneira pretendemos incentivar que todo o mundo se afaga a non incumprir as normas do servizo de préstamo de libros no tocante ao prazo de devolución, en beneficio de TODOS.

          Á volta das vacacións de Nadal, polo tanto, extraeuse unha desas fichas, no sorteo correspondente ao primeiro trimestre, e resultou nesta ocasión a gañadora do VALE de 25 € para a compra dun libro Svetlana, alumna de 2º ESO-A.

          Parabéns e a seguir lendo a ese ritmo!

Na procura dos libros prohibidos. Novas fotos

Subimos á galería máis fotos da actividade "Na procura dos libros prohibidos"

Álbum: Curso 2017/2018 -> Libros prohibidos

Patinaxe sobre xeo

O pasado 20 de decembro alumnado do noso centro acudiu á pista de xeo situada no Náutico. Aquí tedes algunhas fotos desta actividade:

Álbum: Curso 2017/2018 -> Patinaxe

Nadal na Biblioteca

         Chegando estas datas, sempre resulta agradable a lectura de textos ambientados nas festas desta época ou ben no inverno sen máis. Con ese motivo reunimos na biblioteca ao alumnado de 1º da ESO e levamos adiante unha serie de lecturas colectivas en voz alta, nalgúns casos de textos en forma dramatizada, de maneira que todos os alumnos participan.

 

Álbum: Curso 2017/2018 -> Nadal na biblioteca

Nadal na Biblioteca

              Chegando estas datas, sempre resulta agradable a lectura de textos ambientados nas festas desta época ou ben no inverno sen máis. Con ese motivo reunimos na biblioteca ao alumnado de 1º da ESO e levamos adiante unha serie de lecturas colectivas en voz alta, nalgúns casos de textos en forma dramatizada, de maneira que todos os alumnos participan.

           Neste curso escollemos para estas LECTURAS DE NADAL algúns clásicos da literatura universal como “Vanka” de A. Chéjov, “El regalo” de Ray Bradbury ou adaptacións teatrais en galego de “A vendedora de mistos” de H. C. Andersen e “O príncipe feliz” de Oscar Wilde; tamén lemos a historia que Agustín Fernández Paz sitúa nesta época titulada “Un conto de Nadal”, que aparecera nun xornal galego o 23 de decembro do 2012.

Premios do II Concurso de microrrelatos fantásticos e de terror

          Nesta segunda convocatoria o Concurso de microrrelatos fantásticos e de terror contou con trece participantes, aos que felicitamos en xeral polos seus traballos.

          Pódense ler a continuación o microrrelato premiado e mais outro que obtivo unha mención especial pero non resultou premiado por non axustarse a todos os requisitos da convocatoria.

          Parabéns a todos e a seguir aterrorizando lectores!!!

Distribuir contido