Coñecendo a Castelao

O alumnado de 1º e 2º da ESO pasou pola biblioteca estas semanas para resolver unha xincana, buscando datos arredor do célebre autor de Rianxo. Para iso tiveron que indagar nos libros, nos carteis e nas fichas que había seleccionadas.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Coñecendo a Castelao

Imos ao teatro, á sala Ártika, ver Mosca

O alumnado de 2º de ESO acudiu á sala Ártika para gozar da representación de “Mosca” e descubrir en primeira persoa o significado da violencia e o acoso.
Tras a representación tiveron a ocasión de intercambiar opinións cos actores nun coloquio que consideramos realmente enriquecedor.

Día de Jules Verne

       

Jules Verne (1878) | Jules verne, Portrait, Historical people

Álbum: Curso 2023/2024 -> Día de Jules Verne (8 febreiro)

O Castelao xa está nas rúas do barrio coa campaña Aquí tamén se fala galego!!

O noso alumnado xa está espallando a campaña nas rúas da contorna do instituto, coñecendo ás e aos comerciantes e visibilizando a lingua. En breve teremos exemplos concretos deste bo facer.

 

 

Visita de María Reimóndez

María Reimóndez visitou o IES Castelao para compartir tempo co club de lectura A pé de obra.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Club de lectura: Visita de María Reimóndez

Entroido galego: traxe, historia e tradición

O alumnado de 4 PDC visitou a exposición: Entroido galego: traxe, historia e tradición.

A mostra recolle nove traxes do Entroido tradicional galego, con breves fichas descritivas con datos de interese cultural. Merdeiro, Peliqueiro, Boteiro… e a ti, cal che gusta máis?

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita exposición os traxes do Entroido

Lectura do manifesto da campaña: Aquí tamén se fala galego

Comezamos no IES Castelao a nosa participación na campaña “Aquí tamén se fala galego".

Esta iniciativa, ideada polo IES Rafael Dieste e secundada por máis de 170 centros escolares da Galiza, pretende erradicar a falsa imaxe de que nas cidades non se fala galego.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Lectura manifesto da campaña: Aquí tamén se fala galego

Formación arredor das novas masculinidades

Dentro do tema que estamos traballando este ano no grupo de igualdade, Estela Morada, recibimos unha formación sobre “As novas masculinidades”.

O pasado 27 de xaneiro tivemos un relatorio para o profesorado a cargo de José Cabido,  baixo o titulo “Masculinidade, igualdade e conflito”. Dunha maneira moi amena o profesor Cabido, ensinounos o percorrido de como enfocar as novas masculinidades co alumnado, compartindo con nós un material moi completo.

Álbum: Curso 2023/2024 -> As novas masculinidades. Charlas de Xosé Cabido e Sonia Fernández

Hora de ler: Día da Ilustración

O 30 de xaneiro é o DÍA DA ILUSTRACIÓN que este ano homenaxea a Chichi Campos.  A efeméride faise coincidir co aniversario do nacemento, o 30 de xaneiro de 1886, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño...

 Hoxe, 30 de xaneiro, o noso alumnado lembra mediante xogos a importancia dos dereitos humanos e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar, reforzando o seu desenvolvemento como cidadás críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos dereitos doutras persoas.

Álbum: Curso 2023/2024 -> 30 de xaneiro, día da paz.
Distribuir contido