Dentro do tema que estamos traballando este ano no grupo de igualdade, Estela Morada, recibimos unha formación sobre “As novas masculinidades”.
O pasado 27 de xaneiro tivemos un relatorio para o profesorado a cargo de José Cabido, baixo o titulo “Masculinidade, igualdade e conflito”. Dunha maneira moi amena o profesor Cabido, ensinounos o percorrido de como enfocar as novas masculinidades co alumnado, compartindo con nós un material moi completo.
O martes 30 voltou ao noso centro o filósofo José Cabido coa súa compañeira de igualdade e profesora de matemáticas, Sonia Fernández Casal. Desta vez, para traballar co alumnado. Sonia deixou as nosas alumnas encantadas falándolles da igualdade nas relacións sexuais, por facelo en ton respectuoso e claro, nun achegamento moi cálido. José traballou as novas masculinidades cos nenos, igualmente cun discurso dinámico, onde a rapazada se sentiu moi cómoda
Só podemos agradecer a Cabido e a Sonia o seu paso polo IES Castelao, pois deixaron un moi grato recordo en todas nós.