Alumnado de 1º da ESO participou nas probas de Ligamats que se desenvolven na Escola Rosalía de Castro. Tiveron que resolver problemas de tangram, pentominos, cubo soma e un problema de lóxica que fixeron en grupo para atopar a solución entre todos xuntos.
O club de lectura de adultos, A pé de obra, volveuse reunir, desta volta, para comentar o libro As alumnas de Paula Carballeira.
A obra, Premio Nacional de Teatro 2023, foi obxecto de debate polo noso profesorado. Profundaron na historia de María Barbeito e compartiron experiencias vividas ao longo das súas traxectorias.
Exitazo do Entroido 2024!
As titorías preparáronse para unha espectacular batalla de baile con marabillosos disfraces e bailes indescritibles. O xurado non o tivo nada fácil para deliberar os gañadores, mais finalmente fixo oficial a súa decisión:
Xa está aberto o prazo de período de solicitude de admisión para o curso 2024/2025 (do 1 ao 20 de marzo de 2024). Podedes atopar toda a información na sección admisión e matrícula, escribindo ao correo electrónico ies.castelao.vigo@edu.xunta.gal ou chamando ao 886 111 111.
O IES Castelao convida a familias e alumnado a unha xornada de portas abertas para coñecer o Centro e o noso proxecto educativo.
Será o luns 4 de marzo ás 19:00 horas no salón de actos do instituto.
Nais e pais do alumnado de 1º ESO participa no obradoiro impartido por Laura Pazo sobre a importancia das normas e límites no fogar como escudo preventivo ante todo tipo de adiccións e condutas inapropiadas.
Os nenos e as nenas precisan ter límites claros que lles axuden a medrar nun contexto seguro e comprometido.
As alumnas e alumnos de 2º de bacharelato teñen o seu primeiro contacto coas aulas, co profesorado, e cos laboratorios e talleres nos que estarán os próximos anos.
Inxenierías, química, ciencias do mar, bioloxía, estudos lingüísticos, económicas, dereito... Organizados en distintos itinerarios experimentaron en primeira persoa como é a vida na universidade.
Toda a información é pouca...., hoxe tocaba a UVigo.
Ricardo Corderí, responsable do servizo de extensión universitaria da Universidade informa ao alumnado dos servizos, das titulacións, e das posibles novidades na UVigo de cara ao próximo curso 2024-25. Fai tamén un repaso ao funcionamento de Nerta para o acceso á universidade, incidindo na importancia de estar pendentes todos os días da posible convocatoria para matricularse ou manterse na lista de espera.
O IES Castelao foi habilitado pola Xunta de Galicia coma un dos centros de educación para persoas adultas co obxectivo de facilitar a capacitación dixital. Este programa permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática.
Nesta nova xanela que estrenamos en edición para todolas familias do IES Castelao, queremos ter un contacto mais directo e informado con todalas persoas que teñen interese na educación dos seus fillos e fillas e queren formar parte desta grande comunidade educativa que formamos no IES Castelao. Coma primeira entrada, queremos convidarvos o próximo mércores ás 18:00 H no salón de actos do IES Castelao a esta charla, promocionada por FOANPAS (Federación olívica de asociacións de nais e pais) e impartada por Alicia Parra Pérez, Técnica de Saúde mental FEAFES Galicia.