O alumnado de francés da ESO e do Bacharelato foron ao teatro para ver a obra “Les trois mousquetaires” da compañía BHM. Pasárono moi ben e mesmo participar e puxeron a proba o seu talento!
As nosas profesoras Chus Suárez, Chus Ferrín e Silvia Iglesias participaron nas XXI Xornadas da muller cunha conferencia (Como levar o feminismo ás aulas), que sintentiza o seu estupendo labor co Grupo de Igualdade do IES, Estela Morada.
Alumnado de 1º da ESO participou nas probas de Ligamats que se desenvolven na Escola Rosalía de Castro. Tiveron que resolver problemas de tangram, pentominos, cubo soma e un problema de lóxica que fixeron en grupo para atopar a solución entre todos xuntos.
O club de lectura de adultos, A pé de obra, volveuse reunir, desta volta, para comentar o libro As alumnas de Paula Carballeira.
A obra, Premio Nacional de Teatro 2023, foi obxecto de debate polo noso profesorado. Profundaron na historia de María Barbeito e compartiron experiencias vividas ao longo das súas traxectorias.
Exitazo do Entroido 2024!
As titorías preparáronse para unha espectacular batalla de baile con marabillosos disfraces e bailes indescritibles. O xurado non o tivo nada fácil para deliberar os gañadores, mais finalmente fixo oficial a súa decisión:
Xa está aberto o prazo de período de solicitude de admisión para o curso 2024/2025 (do 1 ao 20 de marzo de 2024). Podedes atopar toda a información na sección admisión e matrícula, escribindo ao correo electrónico ies.castelao.vigo@edu.xunta.gal ou chamando ao 886 111 111.
O IES Castelao convida a familias e alumnado a unha xornada de portas abertas para coñecer o Centro e o noso proxecto educativo.
Será o luns 4 de marzo ás 19:00 horas no salón de actos do instituto.
Nais e pais do alumnado de 1º ESO participa no obradoiro impartido por Laura Pazo sobre a importancia das normas e límites no fogar como escudo preventivo ante todo tipo de adiccións e condutas inapropiadas.
Os nenos e as nenas precisan ter límites claros que lles axuden a medrar nun contexto seguro e comprometido.
As alumnas e alumnos de 2º de bacharelato teñen o seu primeiro contacto coas aulas, co profesorado, e cos laboratorios e talleres nos que estarán os próximos anos.
Inxenierías, química, ciencias do mar, bioloxía, estudos lingüísticos, económicas, dereito... Organizados en distintos itinerarios experimentaron en primeira persoa como é a vida na universidade.
Toda a información é pouca...., hoxe tocaba a UVigo.
Ricardo Corderí, responsable do servizo de extensión universitaria da Universidade informa ao alumnado dos servizos, das titulacións, e das posibles novidades na UVigo de cara ao próximo curso 2024-25. Fai tamén un repaso ao funcionamento de Nerta para o acceso á universidade, incidindo na importancia de estar pendentes todos os días da posible convocatoria para matricularse ou manterse na lista de espera.