Charlas da USC ao alumnado de 2º de Bacharelato

Na mañá deste mércores 21, Jose Manuel Blanco Fernández , profesor de física orgánica da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comisión da CIUG, impartiu unha charla ao alumnado de 2º de Bacharelato.

A actividade enmárcase dentro do programa “A Ponte entre o ensino medio e a Universidade”, e ten como fin achegar ao alumnado o acceso á Universidade, recursos e servizos da USC (titulacións, plans de estudo, becas, residenzas, actividades complementarias...). 

Tamén lles falou das probas da ABAU, do material para a realización das mesmas, do Nerta, do funcionamento das reclamacións, e dos chamamentos para a matrícula na universidade.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Charla da USC

Hora de Ler... a Rosalía de Castro

            LEER Billete de España 500 pesetas 1992 1L2029631 Rosalia de Castro | eBay

           O día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, recordando o nacemento, hai 187 anos, desta autora auroral das nosas Letras.

          Por esa razón queremos dedicarlle a sesión da HORA DE LER deste xoves 22 de febreiro (día, por certo, do 85º aniversario do falecemento en Collioure de Antonio Machado,  e ambos cantaron nalgún momento co mesmo ton: Unha vez tiven un cravo / cravado no corazón... / Mi cantar vuelve a plañir: "Aguda espina dorada / quién te pudiera sentir / en el corazón clavada").

          Ofrecemos unha escolma de textos de Rosalía de Castro, así como unhas actividades e uns pasatempos sobre a figura e a obra da nosa escritora pioneira.

          Aproveitade para visitardes a instalación do vestíbulo feita polos departamentos de Plástica e Lingua galega. Contemplade a Rosalía retratada e lede os seus versos viaxando polas augas imparables que a trae a nosa mocidade.

          Sempre viva Rosalía!

Festexando San Valentín

O alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato colaborou coa Biblioteca Ramiro Fonte na preparación da actividade para celebrar San Valentín. Este fermoso mural, que leva por título “El muro de Julieta”, situouse no recibidor, onde o resto de compañeiras e compañeiros do Centro puideron deixar as súas declaracións de amor.



Elas fan Cientec

O 11 de de febreiro conmemórase o Día da muller e da nena na ciencia. Un grupo de alumnas de 3º e 4º da ESO participaron nos obradoiros Elas fan CienTEC organizados polas investigadoras do CIMBIO.  Deste xeito puxeron en valor o talento feminino e o avance científico.

Estas xornadas están apoiadas pola Unidade Científica da Universidade de Vigo.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Elas fan Cientec

Cara a unha alimentación saudable

O Departamento de Educación Física organizou unha charla sobre como mellorar os hábitos alimenticios e ter unha dieta axeitada para unha saúde óptima. 

Coñecendo a Castelao

O alumnado de 1º e 2º da ESO pasou pola biblioteca estas semanas para resolver unha xincana, buscando datos arredor do célebre autor de Rianxo. Para iso tiveron que indagar nos libros, nos carteis e nas fichas que había seleccionadas.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Coñecendo a Castelao

Imos ao teatro, á sala Ártika, ver Mosca

O alumnado de 2º de ESO acudiu á sala Ártika para gozar da representación de “Mosca” e descubrir en primeira persoa o significado da violencia e o acoso.
Tras a representación tiveron a ocasión de intercambiar opinións cos actores nun coloquio que consideramos realmente enriquecedor.

Día de Jules Verne

       

Jules Verne (1878) | Jules verne, Portrait, Historical people

Álbum: Curso 2023/2024 -> Día de Jules Verne (8 febreiro)

O Castelao xa está nas rúas do barrio coa campaña Aquí tamén se fala galego!!

O noso alumnado xa está espallando a campaña nas rúas da contorna do instituto, coñecendo ás e aos comerciantes e visibilizando a lingua. En breve teremos exemplos concretos deste bo facer.

 

 

Distribuir contido