Charla sobre os experimentos da dobre fenda de Young.
O alumando de 2º de Bach aprendeu como construír, escoitar e reproducir o experimento de Young con materiais moi sinxelos.
Atención, alumnado do IES Castelao! Buscamos nome e logo para a nosa radio escolar. Estas son as bases que rexen o concurso. Tedes de prazo ata o día 30 de abril para facer as vosas propostas. Animádevos! Escoitámonos nas ondas.
Dende a Biblioteca Ramiro Fonte, lanzamos o Concurso de Microrrelatos con títulos de libros para festexar o vindeiro 23 de abril, o Día do Libro.
Lede as bases e achegade as vosas composicións ao correo electrónico:
bibliotecaramirofonte@gmail.com
O 27 de marzo conmemórase o Día do teatro. Con tal evento, dende a Biblioteca Ramiro Fonte convidamos o alumnado de 1º da ESO a ler uns fragmentos de coñecidas dramaturxias como: Luis, "El Sonrisas" de J.L. Alonso de Santos (microteatro); Ha llegado un inspector (fragmento) de J.B. Priestley; monólogo inicial de Segismundo e outro fragmento de La vida es sueño de P. Calderón de la Barca, O achado do castro, de Núñez Singala e Os vellos non deben de namorarse, do noso ilustre Castelao.
O pasado 21 de marzo o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría I e de Bioloxía de 1 de bacharelato asistiu a esta interesante actividade impartida por Elena Alonso Prieto, directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
Unha interesante oportunidade de coñecer o panorama actual das formas de obtención de enerxía e os seus requerimentos en canto a materias primas. E unha ocasión mais para concienciamos da actitude de aforro de enerxía e materiais que debemos ter como cosumidores.
O alumnado de 1º de Bacharelato visita as distintas facultades do campus de Pontevedra.
Algunhas persoas din que debater é cousa de políticos. Outras din que non lles gusta porque iso implica saber falar en público e ter moita labia. Entón, por qué se lle ía dar a oportunidade de participar nun debate a uns estudantes de bacharelato?
Esa pregunta foi a que nos fixemos cando soubemos do concurso do Parlamento Xove: un torneo de debate organizado pola Xunta de Galicia no que mozos e mozas de todo o territorio galego compiten durante unha fin de semana nunha serie de enfrontamentos dialécticos.
(fragmento) Sergio Costas, Roi Fernández, Xoel Romero e Alejandro Alonso
No mes de marzo 1º e 2º de ESO participou nos obradoiros de resolución positiva de conflitos do programa “Convivindo” impartidos por psicólogas da Fundación Amigó.
Nais e pais do alumnado de 3º ESO participan nas charlas impartidas polo Concello dentro do Programa "Máis que un teito" sobre a importancia do diálogo e a comunicación cos fillos e fillas e as estratexias máis axeitadas nestas idades.
As veces non é sinxelo que os fillos e as fillas comuniquen as súas inquedanzas no eido familiar, e é moi importante favorecer o diálogo e a comunicación, que se sintan seguros e apoiados.
A maquinaria de Polos Creativos está en marcha. O alumnado está pasando pola aula para descubrir como funcionan os aparellos que temos. Aquí vai unha mostra dos resultados que obtiveron.
Co gallo do 8m, elaboraron chaveiros feministas coa máquina de impresión 3D. Coa cortadora láser fixeron uns recortes de madeira cun QR inserido para achegar información.