Crónica do Parlamento Xove

Algunhas persoas din que debater é cousa de políticos. Outras din que non lles gusta porque iso implica saber falar en público e ter moita labia. Entón, por qué se lle ía dar a oportunidade de participar nun debate a uns estudantes de bacharelato?

Esa pregunta foi a que nos fixemos cando soubemos do concurso do Parlamento Xove: un torneo de debate organizado pola Xunta de Galicia no que mozos e mozas de todo o territorio galego compiten durante unha fin de semana nunha serie de enfrontamentos dialécticos. 

(fragmento) Sergio Costas, Roi Fernández, Xoel Romero e Alejandro Alonso

 

[A crónica completa poderá lerse no próximo número da revista do IES, Cousas]