O 30 de xaneiro é o DÍA DA ILUSTRACIÓN que este ano homenaxea a Chichi Campos. A efeméride faise coincidir co aniversario do nacemento, o 30 de xaneiro de 1886, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Como nós estamos no IES Castelao, o único de Galicia que leva o seu nome, debemos coñecer ben a este home tan polifacético: debuxante, humorista e pintor pero tamén médico, político e escritor.
Para iso, dende a Biblioteca propoñemos que a Hora de ler deste mércores sexa para ler Cousas de Castelao e facer algún pasatempo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Encrucillado 19 palabras e sopa de letras_0.pdf | 76.08 KB |
Folla de respostas para contestar Enigma de Castelao_0.pdf | 142.45 KB |
Enigma de Castelao Versión reducida 1 rectificada_0.pdf | 155.53 KB |
O retrato_0.pdf | 57.56 KB |
Castelao - Cousas.pdf | 6.18 MB |