Skip to Content

RECREOS ACTIVOS

Ampliamos a zona dedicada ao ping pong grazas á ANPA que nos proporcionou outra mesa para esta zona tan demandada polo alumnado.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/system/files/20211105_134246.jpg

 

Del interior de la materia al corazón de las estrellas

Hoxe o alumnado de Física de 2º de bacharelato asistiu á conferencia Del interior de la materia al corazón de las estrellas impartida por Cristina Cabo do Instituto Galego de Fisica de Altas Enerxias - IGFAE

 

 

LEITURA CONTINUADA DE SCÓRPIO

Irene Iglesias Valuja, Andrés Iglesias Gil, Ana Martínez García, Beatriz Martínez García, Isabel Mato, Eva Montoto Pintos e José Antonio Montoto Montoto, membros da comunidade educativa do IES de Cacheiras, participaron o domingo, día 31 de outubro, no Salón Nobre de Fonseca, na lectura continuada de Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero, organizada por AGAL.

 

COMEZAN AS REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA

Esta semana comezaron as reunións dos clubs de lectura do noso centro.

Se che apetece unirte, podes facelo en calquera momento!

DISCURSHOW HABITO - TERRA

Grazas a ANPA do IES de Cacheiras e ao Concello de Teo, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato puido desfrutar do discurshow de Vicente Mohedano, HABITO - TERRA.

Agradecemos tamén á A.C. Rosalía de Castro que nos cedese as súas instalacións de novo.

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo da celebración do mes da ciencia en galego o Equipo da Biblioteca e o EDLG seleccionaron para vós estas recomendacións.

Premede na imaxe para acceder ao PDF cos enlaces.

PRESENTACIÓN DO PROXECTO CIDADES AMIGAS DA INFANCIA

Nestas últimas semanas Eva López, educadora social do Concello de Teo, está a presentar ao noso alumnado o programa Cidades Amigas da Infancia, liderado por UNICEF.

Se queredes participar podedes descargar o formulario aquí e entregalo no noso centro, en vicedirección.

SAMAÍN NO IES DE CACHEIRAS

Animádevos a participar!

Premendo na imaxe podedes acceder ás bases

 

PRESENTACIÓN DA ESCOLA ECOLOXISTA DO CONCELLO DE TEO

O alumnado de 1º ESO recibiu a visita de Andrea e Samuel, de Feitoría Verde, que presentaron o proxecto da Escola Ecoloxista de Teo.

Todo o alumnado do centro está invitado a participar desta iniciativa.

CALENDARIO EXAMES MATERIAS PENDENTES CURSO 21-22

No adxunto poderase consultar as datas e os lugares para realizar os exames  das materias pendentes do presente curso 2021-22.

Recordamos que estas materias contan, a todos os efectos, como o resto das materias do curso; polo que é moi importante a preparación e realización destes exames.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut