Skip to Content

VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

Hoxe o alumnado de 4º ESO visitou o parque de Sotavento nunha excursión organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química.

 

MOITAS GRAZAS, JULIANA!!

Juliana Pérez, queridísima mestra do noso centro, emprende hoxe unha nova etapa.

Toda a comunidade educativa do IES de CACHEIRAS quere agradecerlle a súa dedicación, profesionalidade e compañeirismo. Foi un pracer compartir esta profesión con ela.

Moita sorte e moitísimas grazas!!

 

ENTREGA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Eva Montoto Pintos e Samuel Vidal Mariño, asistiron hoxe ao acto de entrega dos Premios extraordinarios da ESO que obtiveron no curso 2019-2020.

Eva foi a encargada de pronunciar o discurso en representación do alumnado.

 

CHARLA "A TARIFA DA LUZ"

Montserrat Rodríguez, directora técnica da Escola Galega de Consumo, impartiu esta charla ao alumnado de Economía de 4º ESO, como parte da formación para a participación no concurso "A tarifa da luz", convocado polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

RECOMENDACIÓNS DO CLUB DE LECTURA DE 3º ESO

Estes foron os libros elixidos polas compoñentes do Club de lectura de 3º ESO e as súas recomendacións:

COMEZO DO CAMPIONATO DE DATCHBALL

Hoxe deu comezo o 1º Campionato de Datchball coa competición dos grupos de 3º ESO e 4º ESO. O vindeiro luns participarán 1º ESO, 2º ESO e 1º Bach.

 

PRIMEIRA FUNCIÓN DA AULA DE TEATRO

Onte os nosos actores e actrices enfrontáronse por primeira vez ao público xeral, coa obra Reviracontos, no Auditorio Constante Liste.

Moitas grazas ao Concello de Teo por apostar polos nosos proxectos educativos.

A AULA DE TEATRO NA PRENSA

PALLASOS EN REBELDÍA: FOOT

Grazas á Deputación da Coruña e ao Concello de Teo, o alumnado da Aula de Teatro do IES de Cacheiras puido aprender teatro, vendo teatro.

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA AVANZADO

Este martes, alumnado e profesorado volveron xuntarse para compartir lecturas.

Recordade que aínda estades a tempo de participar!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut