Skip to Content

NOVA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 3º ESO

1⁰PREMIO INNOVAGAL NA PRENSA

15/01/2022

 

      

VISITA DO ALUMNADO DE DEBUXO ARTÍSTICO AO CGAC E AUDITORIO DE GALICIA

O pasado mes de decembro o alumnado de debuxo artístico visitou o CGAC e o Auditorio de Galicia nunha visita organizada polo Departamento de Plástica.

SERGIO CLAVERO 1º PREMIO DOCENTE INNOVAGAL

A Consellería de Educación recoñece o labor docente do noso compañeiro Sergio Clavero co 1º premio nos premios educativos Innovagal polo seu proxecto Aturuxo Films. Parabéns!

COMEZO DOS OBRADOIROS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO IMPARTIDOS POLO CIM

Un ano máis contamos coa colaboración do CIM do Concello de Teo para impartir estes obradoiros ao noso alumnado de 1º ESO.

Esta semana será a primeira das catro sesións das que consta o obradoiro.

ENTREGA DOS PREMIOS DE RELATOS E MICRORRELATOS DO SAMAÍN

Gañadoras na modalidade de Microrrelatos:

1º premio: Beatriz Martínez

2º premio: Ana Martínez

Gañadoras na modalidade de relatos, categoría A:

1º premio: Ana Martínez

2º premio: Beatriz Martínez

Gañadoras na modalidade de relatos, categoría B:

1º premio: Irene Iglesias

2º premio: Carlota De Miguel

Parabéns a todos os participantes!!

ENTREGA DOS CARNÉS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O alumnado de 1º ESO recibiu os carnés da biblioteca municipal. Esta colaboración entre a Biblioteca Luísa Villalta e a Biblioteca Municipal do Grilo permitiralles acceder a moitos máis fondos, entre eles aos de GaliciaLe.

 

A PREHISTORIA SEGUNDO 1º ESO

Neste final de trimestre o alumnado de 1º ESO compartiu os seus traballos sobre a prehistoria nesta pequena pero moi interesante exposición.

 

FINAL DO CAMPIONATO DE DATCHBALL

Hoxe rematamos o campionato de datchball do noso centro, no que participou todo o alumnado de 1º ESO a 1º Bacharelato.

 

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO PARA O CEIP DE CALO

Grazas á ANPA, a Aula de Teatro actuou para os rapaces do CEIP de Calo no Auditorio Constante Liste.

Agradecemos de novo ao Concello a cesión do auditorio para esta actuación.

Distribuir contido


by Dr. Radut