Novas
UNHA CELEBRACIÓN DE FIN DE CURSO DIFERENTE
Enviado por carmengf o Ven, 02/07/2021 - 21:18Este ano fixemos unha celebración final do curso un pouco especial debido á situación na que nos atopamos polo coronavirus.
Nesta ocasión, non puidemos disfrutar dun festival como en anos anteriores pero, aínda así, o alumnado de 1º de Bacharelato, fixemos dúas coreografías orixinais e moi diferentes entre si.
Nestes dous vídeos que vos presentamos, podedes ver o resultado final do noso traballo e como o desfrutamos tanto nós como o alumnado doutros cursos e docentes que estaban vendo o espectáculo.
Esperamos que se poida volver axiña á normalidade e así poder facer os festivais que tanto nos gustan!
Diana Cantorna, estudante de 1º Bacharelato A
ALIMÉNTATE BEN: SEGUNDO LIBRO DE RECEITAS, VÍDEOS E PROGRAMA DE RADIO
Enviado por carmengf o Mar, 29/06/2021 - 17:42O alumnado que acaba de rematar 2º de Bacharelato comezou durante o confinamento o curso pasado, un traballo sobre alimentación saudable, que rematou creando unha nova canle en Youtube. AliméntateBen Brión e un primeiro libro de receitas, que podedes ver aquí.
A andaina continuou neste curso por parte do alumnado de 1º de Bacharelato.
Presentamos un novo libro de receitas saudables, sinxelas de realizar e moi saborosas. Podes velo premendo na imaxe superior, que é a portada do libro, ou no arquivo adxunto.
Ademais, cada receita vai acompañada dun enlace á nosa canle AliméntateBen Brión, para ir vendo a elaboración paso a paso.
E quixemos rematar esta actividade, debatindo na nosa Radio emBrión, no programa "Alimentación sa, receitas saudables", que podedes escoitar aquí.
Soamente queda poñer en práctica as receitas, acompañadas con exercicio físico en compañía das persoas ás que queremos.
Parabéns ao alumnado de 1º de Bacharelato por este estupendo traballo e moitas grazas a todas as persoas que colaboraron con nós!
VIAXE 3º ESO A DUNAS DE CORRUBEDO, CASTRO BAROÑA E PRAIA AGUIEIRA
Enviado por carmengf o Mar, 29/06/2021 - 17:05O pasado luns 21 de xuño, o alumnado de 3º de ESO, acompañado de 5 docentes, fixemos unha excursión ás Dunas de Corrubedo, Castro Baroña e a praia da Aguieira.
Collemos o autobús pola mañá cedo e disfrutamos da viaxe, cantando, rindo e, facendo honor á nosa reputación, falando entre nós con paixón.
O noso primeiro destino foron as Dunas de Corrubedo, ás que chegamos por medio dunha pasarela de madeira. Eran moi bonitas, pero o paso estaba prohibido, polo que era o típico de "mírase pero non se toca".
Despois, baixamos por un pequeno camiño, onde atopamos aos gardas forestais. Nese camiño chegamos á lagoa de Carregal e a unha fermosa praia.
Chegaba a hora da merenda da mañá, así que paramos nun bar de camiño a Castro Baroña.
E volta ao autobús para chegar a Castro Baroña, un lugar fermoso que desfrutamos moito, xa que había toneladas de rochas polas que escalar e divertirse e as vistas eran incribles.
De novo, subimos ao autobús. Chegamos á praia da Aguieira, onde paramos a comer antes de entrar na propia praia. Algunhas persoas comezaron a xogar ao voleibol (fixeches o teu traballo en Educación Física, Carmen).
Cando finalmente fomos á praia, as que quixemos (ou puidemos), demos un baño memorable. Xogamos coa area e desfrutamos do sol, aínda que case nos queimamos porque esquecemos a protección solar.
Ao final volvemos, cansas e satisfeitas, porque tivemos unha das mellores excursións!
Por Antela Casas e Maruxa Garaboa, 3º ESO grupo A
CONECTADAS
Enviado por luz o Mar, 01/06/2021 - 16:33Conectadas é un proxecto creado para a participación na 5ª edición de Wisibilízalas cos obxectivos de dar visibilidade a mulleres do noso entorno, promocionar ámbitos STEAM e o traballo en grupo a través das TIC.
No proxecto participaron trece mulleres, once delas conectadas directamente á nosa comunidade educativa, alumnas da ESO e Bacharelato, ex alumnas, profesoras, nai de ex alumnos e dúas profesoras e investigadoras da USC.
Agradecemenos a Flavia, Bea, Marta, Carmen, Paloma, Erica, Antía, Nerea, Noela, Eva, Cristina, Teresa e Mercedes a súa colaboración. Sen elas este proxecto non sería posible.
O proxecto foi creado por alumnado de 2º de Bacharelato nas materias de TIC II e Tradución.
“Conectadas” is a project carried out by the IES de Brion to participate in the 5th edition of Wisibilízalas, with the objective of giving visibility to women in our environment and promoting the field of STEM and teamwork through ICTs.
13 women participated in the project, 11 of whon are directly connected to our educational community as highschool students, graduates, teachers, parents of past graduates or researchers for the University of Santiago de Compostela, which is near Brion.
We would like to thank Flavia, Bea, Marta, Carmen, Paloma, Érica, Antía, Nerea, Noela, Eva, Cristina, Teresa and Mercede for their participation in this project.
We are students in our last year of highschool in the IES de Brión, and created the website in our ICT subject, with help from the students of our Translation class.
ANXO CARRACEDO VISITA O IES DE BRIÓN
Enviado por Dirección o Mar, 01/06/2021 - 15:57O pasado xoves 27 de maio, Anxo Carracedo veu dar unha charla ao instituto para os alumnos e alumnas de cuarto da ESO. Anxo é un catedrático en medicina legal, investigador e xenetista galego, máis concretamente de Santa Comba, aclamado e recoñecido internacionalmente debido ao seu compromiso profesional e a súa capacidade laboral. El e o seu equipo traballan constantemente en numerosos casos a nivel mundial e son o centro de labor punteiro forense do mundo, algúns dos casos máis famosos nos que traballaron son: as nenas de Alcasser, o 11 M, a operación Minstead (na que colaborou co goberno británico), o tsunami asiático de 2004 e o 11 S entre outros. Nestes traballos participa analizando probas e restos xenéticos que aparecen nas escenas do crime, axudando así a atopar datos para incriminar aos culpables.
A parte do seu labor na medicina forense, é tamén director de moitas organizacións e proxectos científicos de carácter internacional, dentro destes encontramos moitos orientados a psiquiatría, máis concretamente a trastornos como o TDH e a esquizofrenia. Grazas a todos estes logros laborais, Anxo Carracedo está nomeado este ano ao premio Príncipe de Asturias o cal supón outra meta cumprida na súa carreira.
Durante toda a charla, Anxo transmitiunos a paixón e dedicación que pon no seu traballo día a día, incentivándonos así tamén a nós a traballar de algo que nos encha e que sexa a nosa verdadeira vocación. Outros aspectos a destacar da súa persoa son a humildade ca que fala, cousa que a pesar da súa importancia como profesional nunca perde, e a súa capacidade na oralidade a cal fai que entender ao que se dedica e como o fai sexa moi doado. Por todo isto e por moitas máis razóns, Anxo é un modelo a seguir e un exemplo de que con esforzo, dedicación e paixón polo que fas podes chegar tan lonxe coma el.
Carolina Cambeiro 4ºESO A
RAFTING NO RÍO MIÑO
Enviado por carmengf o Sáb, 15/05/2021 - 13:10
O pasado mércores 12 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato, acompañados polos profesores Juan Carlos Freiría e Carmen García, puidemos desfrutar dunha mañá facendo rafting polo río Miño, actividade organizada polo Departamento de Educación Física.
Ao principio, iamos facer rafting polo río Ulla, pero debido á COVID, o concello de Padrón pechou. Non obstante, iso non nos impediu realizar esta emocionante actividade, xa que puidemos realizala no Miño.
A pesar do mal tempo que parecía ía facer, pouco despois de comezar a actividade parou de chover e puidemos pasar moi bo rato e contemplar mellor a paisaxe. Ademais, alí ensináronnos cousas dos arredores, como algunhas zonas de pesca da lamprea con redes, e logo puidemos tirarnos dende unha rocha ou deixarnos levar pola corrente no último tramo do río.
Esta foi unha actividade que a maioría realizamos por primeira vez e polo tanto, conservaremos un bo recordo deste día, a pesar das caídas e baños inesperados. Ademais, en compañía de amizades fíxose moito máis divertida, facendo que pasáramos un día xenial.
Iria Maceiras, 1º Bacharelato A.
Podedes ver as fotos do rafting premendo aquí
CHARLA IGUALDADE
Enviado por Dirección o Mar, 27/04/2021 - 15:37O próximo mércores 5 de Maio estades todos/as invitados/as á charla sobre Outras Masculinidades impartida por Xosé Cabido .
Entrada libre ata completar aforo
CONFERENCIA 11F: HISTORIA DUNHA INVESTIGADORA: A VACINA COVID-19
Enviado por luz o Lun, 08/03/2021 - 17:35O pasado xoves 25 de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º de ESO de Ciencias, asistimos a unha videoconferencia na que Mireya López Borrajo, investigadora no laboratorio MJ Alonso LAB, contou a súa experiencia como investigadora na vacina da covid-19 e como muller na Ciencia.
Mireya é unha das galegas que están a investigar nunha vacina contra a covid-19. Durante a charla Mireya espuxo o esforzo e adicación que require un proxecto dese calibre, como traballar contrarreloxio ata 12 horas ao día ou renunciar a vacacións. Porén, ela pensa que estas accións van pagar a pena cando toda a poboación estea vacinada e cando, pouco a pouco, a pandemia sexa erradicada. Ademais, explicounos como funcionaba o virus da covid, a súa estrutura e as vacinas que na actualidade se están poñendo.
Tamén fixo un percorrido pola súa experiencia formativa ata a actualidade como investigadora predoutoral nun laboratorio de prestixio a nivel mundial, contándonos as dificultades na carreira científica, suplidas con esforzo, interese e búsqueda de oportunidades. Ela tivo que traballar moi duro, máis como resultado na actualidade está formándose nunha área que lle gusta, axudando a protexer a saúde de miles de persoas.
Julia González, Laura Pérez, Eirena Souto, Martina Sambade. Alumnas de 4º D e 4º C.
Desde o IES de Brión agradecemos a Mireya a súa participación na videoconferencia.
UNHA XINCANA DIDÁCTICA
Enviado por carmengf o Mar, 19/01/2021 - 15:34Por mor do cansanzo acumulado durante o trimestre, cara finais do mesmo, a necesidade de actividades máis relaxadas e diferentes facíase notar.
É aquí onde entra esta actividade do departamento de Educación Física; que se ben era diferente, non tiña nada de relaxada! Consistiu nunha xincana con preguntas sobre bádminton e sobre localizacións concretas da nosa vila. Cada estación tiña un código QR a escanear, que daba as preguntas a responder e indicaba as coordenadas no mapa cara a seguinte.
Desta maneira, alternando entre correr, trotar e andar, percorrimos todos os arredores do instituto, indo dende o campo de fútbol ata a biblioteca pública e dende o ximnasio ata residencia de maoires.
Aínda que o tempo atmosférico foi tan feroz coma os rivais, ó final todos logramos acabar a actividade respectando o tempo límite. En conclusión, foi unha boa forma de amenizar o último día, aprendendo sobre a nosa vila, repasando os contidos de bádmintón dobres traballados durante o trimestre na clase de Educación Física, e cumprindo o propósito da materia, MOVERSE!
Por Tomás M. Stetson Roch, 1º Bacharelato A
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »