CONFERENCIA 11F: HISTORIA DUNHA INVESTIGADORA: A VACINA COVID-19
Enviado por luz o Lun, 08/03/2021 - 17:35
O pasado xoves 25 de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º de ESO de Ciencias, asistimos a unha videoconferencia na que Mireya López Borrajo, investigadora no laboratorio MJ Alonso LAB, contou a súa experiencia como investigadora na vacina da covid-19 e como muller na Ciencia.
Mireya é unha das galegas que están a investigar nunha vacina contra a covid-19. Durante a charla Mireya espuxo o esforzo e adicación que require un proxecto dese calibre, como traballar contrarreloxio ata 12 horas ao día ou renunciar a vacacións. Porén, ela pensa que estas accións van pagar a pena cando toda a poboación estea vacinada e cando, pouco a pouco, a pandemia sexa erradicada. Ademais, explicounos como funcionaba o virus da covid, a súa estrutura e as vacinas que na actualidade se están poñendo.
Tamén fixo un percorrido pola súa experiencia formativa ata a actualidade como investigadora predoutoral nun laboratorio de prestixio a nivel mundial, contándonos as dificultades na carreira científica, suplidas con esforzo, interese e búsqueda de oportunidades. Ela tivo que traballar moi duro, máis como resultado na actualidade está formándose nunha área que lle gusta, axudando a protexer a saúde de miles de persoas.
Julia González, Laura Pérez, Eirena Souto, Martina Sambade. Alumnas de 4º D e 4º C.
Desde o IES de Brión agradecemos a Mireya a súa participación na videoconferencia.