Novas
VISITA Á AULA ABERTA Á TECNOCIENCIA
Enviado por luz o Ven, 11/02/2022 - 19:47Este pasado venres 21 de xaneiro o alumnado de Ciencias de 1°Bacharelato visitamos a Aula aberta á Tecnociencia na escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, en Vigo. Asistimos a un obradoiro no que falamos da percepción das cores e a luz, e outro sobre realidade aumentada.
No primeiro aprendemos sobre as ondas e como segundo a súa lonxitude percibimos distintas cores. Falamos do cor rgb (vermello, verde, azul) e da formación do resto das cores en base a estas.
No segundo obradoiro puidemos manipular un simulador de relevo que permitía observar como afectaría unha inundación a unha que ti mesma modelas.
Martina Sambade Formoso, Eirena Souto Pazó, alumnas de 1º A Bacharelato
OBRADOIRO PILABOT: RECICLA CON ENERXÍA
Enviado por luz o Xov, 20/01/2022 - 21:08O xoves 20 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO recibiu formación no Obradoiro Pilabot: recicla con enerxía sobre a importancia da recollida selectiva, a reciclaxe de pilas e sobre a participación nos concursos de recollida de pilas e acumuladores e o concurso artístico #EuSonPilabot.
|
Animamos á comunidade escolar a colaborar na recollida de pilas e baterías gastadas, depositándoas no contenedor da entrada ata o 24 de febreiro.
OBRADOIRO "A TARIFA DA LUZ"
Enviado por luz o Mar, 18/01/2022 - 20:17O pasado 16 de decembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO asistiu ao Obradoiro "A tarifa da luz" impartido polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, onde recibiron formación básica sobre a factura eléctrica e medidas para un consumo responsable, como a consulta da páxina web: https://tarifaluzhora.es/ para coñecer o prezo da luz por horas no día seguinte.
OrientaLINE curso 2021/22
Enviado por Anónimo o Mar, 18/01/2022 - 13:54Xa temos actualizado o programa OrientaLINE para este curso académico!
Animádevos a navegar por el xa que vos resultará de axuda na vosa toma de decisións académicas e vocacionais. Para comezar só deberedes facer clic na imaxe e acceder a través de "Entramos".
Como novidades, no apartado de "Cuestionarios" dispoñedes de dúas novas opcións:
- Intelixencia emocional
- Intelixencias múltiples
Ambas opcións moi interesantes para aprender e reflexionar sobre nós.
Calquera cuestión, dúbida ou suxerencia, pasade polo Dpto de Orientación e falamos!
Marina
BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!
Enviado por carmengf o Xov, 30/12/2021 - 15:22Ola a todas e todos!
Este ano non foi moi corrente, por iso desexámosvos que, como un novo ano está á volta da esquina, podades dispoñer da mellor das saúdes, pasalo o mellor posible e ser responsables, polo ben común, e que, así, non nos toque vivir un ano coma este.
Aproveitade estas datas para desfrutar das vosas amizades e familiares, descansar e celebrar estas festas.
Bo Nadal, e que este ano 2022 vos sexa xenial!
Zoe de Rojas e Ángela Zas, 2º ESO D
CIRCUITO DE PISTAS PARA DESPEDIR O TRiMESTRE
Enviado por carmengf o Xov, 23/12/2021 - 18:44Este luns 20 de decembro o alumnado de 1º de Bacharelato realizamos unha actividade en grupos que nos fixo percorrer todo Brión, examinando tanto a nosa capacidade física como a nosa memoria.
Consistía en facer unha ruta atopando códigos QR, os cales ao ser escaneados revelaban as coordenadas do seguinte código e así sucesivamente ata volver ao instituto. Máis iso non era todo. Os códigos tamén traían preguntas sobre bádminton e voleibol (os dous deportes que practicamos durante o trimestre) e preguntas de todo tipo sobre o que se atopaba ao noso arredor. Por exemplo, nalgúns dos dez códigos da andaina preguntábanse cousas moi variadas dende ¨cantos sets ten un partido de bádminton en dobres?¨ ata ¨que se tira en cada contedor?¨. Empregamos a aplicación de wikiloc para gravar o noso percorrido e sacar fotos de cada lugar onde parábamos.
Pese as lixeiramente adversas condicións meteorolóxicas, todo o alumnado pasou un rato moi agradable percorrendo a nosa vila. A maioría acabamos bastante cansados despois das aproximadamente dúas horas de ruta, mais por sorte tiñamos unha peza de froita esperándonos cando volvéramos ao centro, para repoñer enerxías. Persoalmente, penso que este tipo de actividades logran combinar dunha forma moi efectiva o exercicio físico e a aprendizaxe, ademais de ser divertidas para nós. Diferenciouse do que adoitamos entender por unha clase de educación física, mais foi sen ningunha dúbida unha das mellores.
Martina Sambade Formoso 1º Bacharelato A
ANDAINA POR ONS
Enviado por carmengf o Lun, 06/12/2021 - 16:41
Aproveitando o veraniño de San Martiño, o venres 12 e o martes 16 de novembro, o alumnado de 3º e 2º de ESO respectivamente, fixemos unha bonita ruta por Brión, na parroquia de Ons para visitar a fervenza do Pozo Negro.
Dende o noso punto de vista, esta camiñata é perfecta para facer en verán, primavera ou outono. Se queres facela só tes que acercarte a Ons e elixir unha das rutas dependendo da distancia que prefiras percorrer.
A ruta que realizamos comenzou na área de piragüismo, pasou pola igrexa de Santa María de Ons, visitamos a fermosa fervenza do Pozo Negro e voltamos a área de piragüismo para facer unha camiñata circular.
Na igrexa fixemos un descanso no teleclube e, despois seguimos o camiño ata o Pozo Negro. A fervenza pódese observar dende unha ponte de madeira, onde poderás sacar unhas fotos únicas. Ao rematar visitamos o interior da área piragüismo, onde gardan todas as piraguas.
Durante o camiño os voluntarios que nos acompañaron contáronnos as lendas e misterios que agochaban as aldeas. Sabiades que a lenda de Ponte Pías está recollida no Códice Calixtino, o cal ten máis de oitocentos años? Que hai algunhas construcións antigas que só se poden ver cando o río está baixo? Ou que podes atopar unha misteriosa plantación de árnica?
A actividade foi algo diferente para facer nun día de clase e que nos ensinou moitas cousas ademais de permitirnos disfrutar dunha xornada arroupados polas cores do outono. Recomendamos facer esta camiñata porque é unha experiencia incrible.
Podedes escoitar a lenda da Ponte Pías na voz de Luciano Pena, que xunto con Antonio, Manolo e Cambón, nos acompañaron neste fermoso roteiro.
Flavia Maceiras e Silvia Rabuñal. 3°ESO.
PREMIO DE DRONS PARA ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO
Enviado por luz o Mér, 24/11/2021 - 20:27O luns 22 de novembro os alumnos Carlos M. Domínguez e Santiago Orozco de 1º de Bacharelato representaron ao IES de Brión no Concurso de drons convocado por Igaciencia, resultando gañadores na categoría de Bacharelato e FP.
O alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu o pasado 16 de novembro ao Obradoiro concurso galego de Robótica que Igaciencia organizou na celebración o XII Día da Ciencia en Galego no Centro Ágora da Coruña.
Parabéns ao alumnado pola excelente participación e resultados.
Gañadores XII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica e drons. A maxia da Robótica e dos drons. Igaciencia.
XII Taller e concurso de Robótica e drones. Relación de centros gañadores. Concello de A Coruña.
A Coruña recoñece o talento argalleiro da nosa mocidade no XII Obradoiro e Concurso de Robótica. Código Cero.
A Coruña entrega os premios no XII Obradoiro-concurso Galego de Robótica e drons. Quincemil.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021_22
Enviado por Dirección o Ven, 19/11/2021 - 10:55Os vindeiros 23 e 24 de novembro terán lugar as votacións para elixir os novos membros do consello escolar.
- O alumnado votará o día 23 pola mañá, no horario que determine a Xefatura de Estudos.
- Nais, pais e titores legais votarán o día 24 de 16.30 a 19.30 da tarde, de maneira presencial no centro escolar.
Lembrámoslles que seguen sendo de aplicación as normas recollidas no protocolo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a prevención da Covid-19, polo que pregamos manteñan en todo momento a distancia de seguridade.
Programa A ponte da USC para 1º e 2º de BACH
Enviado por isabel.lugilde o Mar, 26/10/2021 - 12:57<p>Dende o "Programa A Ponte" da USC, organizan a actividade"Charlas temáticas",orientadas preferentemente ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, e nas que profesorado da USC ofrécese a impartir en formato charla ou obradoiro, diferentes contidos do seu ámbito docente e/ou investigador Como centro, podemos solicitar ata un máximo de dez charlas, das cales nos poderían adxudicar ata cinco. As charlas abarcan todo tipo de temáticas:dende biotecnoloxía, política, arte, física, teatro, idiomas, veterinaria, gastronomía molecular ou enxeñería en feminino.Dende o Departamento de Orientación estanse realizando as solicitudes,para que a USC conceda as adxudicacións e podamos planificalas nos horarios máis axeitados.</p>
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »