Novas
BAILADELA TEATRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Dirección o Lun, 25/11/2019 - 15:36Dende o grupo de teatro do IES de Brión BAILADELA TEATRO tamén quixeron manifestar o rexeitamento á violencia de xénero. Parabéns polo traballo!
CHÍOS CONTRA A VIOLENCIA
Enviado por Dirección o Dom, 24/11/2019 - 22:50Fantástico traballo promovido dende a biblioteca: https://bibliobrion.blogspot.com/
Parabéns a todas e todos os participantes, especialmente aos noso rapeiros David e Yassin!
O IES DE BRIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Dirección o Dom, 24/11/2019 - 19:32Na foto unha mostra de como o alumnado de 4ºB manifesta o rexeitamento á violencia de xénero. Ao longo do día 25 de novembro haberá máis mostras...
Actividades na natureza 1º de Bacharelato: valoración.
Enviado por carmengf o Xov, 24/10/2019 - 20:53Podedes ler no arquivo adxunto os resultados dunha enquisa de valoración da actividade realizada polo alumnado de 1º de Bacharelato.
Parabéns a todos os participantes!
Actividades na natureza 1° de Bacharelato: terceiro día.
Enviado por carmengf o Xov, 24/10/2019 - 20:48Último día da excursión, despois de almorzar camiñamos ata unha parada de bus, onde dous buses nos levaron ata o sitio donde embarcamos, alí despois de sacar as fotos de grupo, coller o material de seguridade necesario e que os monitores nos ensinaran o que había que facer na embarcación por fin comezou a travesía, pasamos por varios rápidos moi bonitos ademáis de entretidos xa que había que facer algo todo o tempo. Na mitade do camino mais ou menos, fixemos unha parada para facer un salto desde unha rocha a unha boa altura. Saltamos case todos, por suposto despois de que nos dixeran como se facía, foi unha experiencia inolvidable xa que arecía que non había tanta distancia ata o auga pero cando saltabas parecía que non chegabas ao auga, mais tarde despois de mais rápidos, deixaronnos facer unha parte da travesía a nado, na posición de seguridade, o auga estaba a moi boa temperatura e estabase moi ben, despois fixemos un par de rápidos mais xa coñecidos porque os fixeramos no kayak o día anterior, en xeral unha actividade inolvidable con unha compañía inmellorable.
Podedes ver todas as fotos pinchando aquí.
Despois da actividade de rafting pola mañán, voltamos ás instalacións de Arrepións, para ducharnos e cambiarnos de roupa. Logo comemos nuns bancos ao aire libre. Tras o xantar, un dos monitores explicounos a actividade de orientación, tivemos que localizar unha serie de puntos debuxados nun mapa cunha brúxula. Despois desta actividade fixemos sendeirismo percorrendo 6km pola beira do río Miño para finalmente coller o autobús cara Rivadavia.
Pareceunos unha actividade moi interesante, aínda que acabamos moi cansados pola gran distancia que percorremos.
Ao rematar o roteiro de sendeirismo, collimos o autobús cara Rivadavia que é un pequeno municipio en Orense. Alí tivemos arredor duns 40-50 minutos para visitar o lugar pola nosa conta. Puidemos ver o Castelo dos Condes por fora e logo descansamos nun banco ata que chegara o autobús para regresar a Brión.
Actividades na natureza 1° de Bacharelato: segundo día.
Enviado por carmengf o Xov, 24/10/2019 - 20:43O segundo día dividimonos en dous grupos de 20 persoas para realizar esta actividade, uns pola mañá e outros pola tarde.
A actividade consistiu en descender sobre o río Miño, nun kayak en parellas. En canto a nosa experiencia por parte de ambos grupos, gústounos moito porque os monitores que nos acompañaron era moi agradables e atentos e a actividade resultounos entretida debido a que descendíamos a toda velocidade polos rápidos. Pasóusenos o tempo voando!
Despois de xantar o noso grupo tocoulle a actividade de barranquismo e fomos a un río que era subafluente do Miño.
Alí decendemos por este con moito coidado de non esvarar, aínda que houbo numerosas caídas e esvaramentos. Estivemos alí unha hora e cuarto e iso que o outro grupo tardou media hora máis. Ao rematar a actividade, volvemos as instalacións de Arrepións a ducharnos e a merendar. Para rematar volvemos ao albergue.
A actividade estuvo moi entretida e pasousenos o tempo voando a todos.
Ao volver ao albergue, xurdiu a idea de realizar un xogo de mímica entre todos, os profesores incluidos.
Para a elaboración da actividade, os líderes de cada cuarto xuntáronse para debater o seu funcionamento.
Houbo imitacións de todas as clases, unhas máis divertidas ca outras, sin embargo houbo risas con todas .
Podemos dicir que foi unha actividade na cal o grupo interactuou e compartiu momentos divertidos.
Actividades na natureza 1° de Bacharelato: primeiro día.
Enviado por carmengf o Xov, 03/10/2019 - 23:08Ás 10:45 h. collemos o barco ás Illas Cíes. Ao principio estivemos sentados na parte descuberta do barco, tirando fotos. Logo baixamos á parte cuberta e xogamos ás cartas.
Pasámolo tan ben que sen darnos conta xa eran sobre as 11:30 h e estabamos chegando as Cies.
En resumo, foi moi entretida e foi divertido.
Baixamos do barco, e antes de comenzar a camiñata, presentaronse os guías e contaronnos o básico das Illas Cíes, por exemplo de onde ven o seu nome. O noso destino final era o faro, e mentres iamos cara alí, fixemos distintas paradas, onde nos explicaban curiosidades do lugar. Despois de subir unha longa costa, chegamos a alí e puidemos disfrutar das vistas.
Na nosa opinión, a camiñata pareceunos interesante e divertida, aínda que a subida cansounos bastante. As paradas que máis nos gustaron foron o Lago dos Nenos e Pedra da Campá.
A TARDE DO MÉRCORES
Desembarcamos do barco cara Samil ás cinco. Ao chegar ao paseo tivemos tempo libre onde descubrimos Samil. Ás sete da tarde collemos o bus para ir cara ao albergue onde dormiremos estes días. No bus estivemos cantando cancións da nosa infancia e pasoumos moi rápido a viaxe.
Actividades na natureza para 1° de Bacharelato
Enviado por carmengf o Mar, 01/10/2019 - 15:27Un grupo de 38 estudiantes de 1° de Bacharelato e 3 profesores, disfrutaremos os días 2, 3 e 4 de outubro de diversas actividades na natureza.
Comezaremos o mércores 2 cunha visita ás Illas Cíes.
O xoves 3 as actividades son canoa e barranquismo.
Como despedida, o venres 3 faremos rafting no río Miño e sendeirismo-orientación pola zona de Arbo.
Durmiremos no Albergue Rural O Coto, en Arbo.
Iremos informando e subindo alguna foto.
Unha boa maneira de comezar o curso!
LISTAXE ACTUALIZADA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 19-20
Enviado por Dirección o Mér, 04/09/2019 - 07:39Consulta aquí a listaxe de libros de texto recomendados para o curso 2019-2020
PREMIO AO MELLOR VIDEOCLIP NA CATEGORÍA DE 1º CICLO DE ESO
Enviado por Dirección o Mér, 24/07/2019 - 12:28Parabéns ao noso alumnado que gañou o premio de 1º ciclo de ESO!!! E tamén ao do IES de Cacheiras que gañou o de 2º ciclo.
A nova na prensa: https://www.codigocero.com/Os-centros-educativos-galegos-copan-o-palmares-do-festival-eMove, https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/ies-brion-triunfa-no-emove-festival/idEdicion-2019-07-30/idNoticia-1196076/
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »