Novas

O IES DE BRIÓN NA MAKER FAIRE

O pasado domingo 25 de novembro o IES de Brión participou na Maker Faire Galicia con varios proxectos elaborados por alumnado do noso centro.

Agradecemos ao CAFI o convite a participar no stand da súa Aula Nova xunto a outros centros e a diversos obradoiros.

O equipo que desenvolveu o proxecto BrionBot presentou a edición Br. Xbot_2.0, coa que gañou o primeiro premio de Sensores 2018 de Igaciencia e o Premio de innovación educativa "Desafíos STEM: Programación, robótica e impresión 3D".

Amosamos ademais un pequeno teclado electrónico modelado, montado e programado ao final do pasado curso 2017/18 polas alumnas Clara Cidrás e Marta Rodríguez coa colaboración de Breixo Rudiño e Victor Sloth Sixto.

O alumno de 4º ESO Daniel Souto presentou dous proxectos de programación e desenvolvemento web: un visor 3D de figuras xeométricas programado en Scratch e un simulador de movemento con parámetros físicos desenvolvido con HTML5 e JavaScript.

 

Actividade: Coñece as túas institucións

O departamento de Filosofía, en colaboración co de Galego, organiza unha actividade, que promove a Consellería  de  Cultura,  Educación  e  Ordenación  Universitaria,  en  representación  da Xunta  de  Galicia  e  o  Parlamento  de  Galicia, denominado Coñece as túas institucións.

  A actividade comprende un Programa didáctico que se desenvolverá dentro  das  aulas,  mediante  a  entrega  dos  materiais  de  traballo  proporcionados  polas institucións  asinantes  do  convenio, e unha visita didáctica ás sedes de ambas institucións co obxectivo de que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias.

  As visitas didácticas terán lugar o martes 18 de decembro entre as 9.00 e as 14:00. Ambas  as dúas  institucións  asinantes do  convenio  de  cooperación  financiarán,  con  cargo aos seus respectivos orzamentos, as expedicións de transporte do alumnado e profesorado acompañante dos centros de ensino público participantes, dende o centro educativo, ata as sedes de ambas institucións e o regreso ao orixe.

ACHÉGATE Á ROBÓTICA

O pasado xoves 22 de novembro o alumnado de Tecnoloxía e TIC de 4º ESO participou nun obradoiro de robótica e programación ofertado polo Departamento de Educación da Fundación Barrié.

Este obradoiro enmárcase no programa Achégate á Robótica que promove a robótica educativa fomenta as vocacións científico-tecnolóxicas, e favorece a comunicación, o traballo en equipo, a xestión do tempo, a análise e a resolución de problemas.

O alumnado complementou a saída cunha visita á exposición da fotógrafa mexicana Graciela Iturbide, Ao final da visita o alumnado participou nunha actividade sobre o valor simbólico dos animais nos autorretratos fotográficos.

MAIS EU NON SON EU

A curtametraxe "Mais eu non son eu" é o resultado do traballo do equipo de cine coordinado por Ana Cadenas durante o pasado curso 2017/18.

Mais eu non son eu from IES de Brión on Vimeo.

Tamén podes velo en YouTube

CALENDARIO ESCOLAR 2018/19

Save

Save

1º PREMIO EN DESAFÍOS STEM (PROGRAMACIÓN)

Por segundo ano consecutivo un proxecto do noso centro resulta galardoado no Premio de innovación educativa "Desafíos STEM: Programación, robótica e impresión 3D convocado pola Consellería de Cultura, Educacion e O. U.

O proxecto BrionXbot desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico o pasado curso 2017/18 ven de obter o 1º premIo do Desafío Programación da categoría senior desta convocatoria.

O proxecto consistiu no deseño, fabricación, control e programación dun robot con patas articuladas inspirado nas esculturas cinéticas do escultor Theo Jansen.

BrionXbot é un robot de seis patas distribuídas en dous trens situados nos costados dun corpo central ou chasis. Cada tren está formado por tres patas articuladas montadas sobre un cigüeñal e ancoradas nun eixe fixo. A rotación do motor move estes mecanismos de tal xeito que os extremos das patas describen unha traxectoria cíclica de avance. Está dotado de diversos sensores que nos permiten recoller datos sobre distancias, temperatura, humidade e luminosidade. O Bluetooth e a pantalla LCD permiten ler e graficar os datos obtidos a través dun smartphone ou directamente no robot. Tamén é posible controlar os movementos do robot de modo remoto dende un teléfono móbil vía Bluetooth.

Este proxecto xa recibira no mes de xuño o 1º premio no concurso "Sensores 2018" que convoca Igaciencia.

Save

Save

Save

Información básica da Programación Didáctica do Departamento de Filosofía para o curso 2018-2019

Pódese atopar a información sobre a termporalización, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe, mínimos esixibles, procedementos e instrumentos de avaliación e criterios de cualificación para o presente curso no ficheiro adxunto

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO 2018-19

O día de presentación do curso e recepción do alumnado por parte dos titores será o Luns 17 de setembro de 2018. Levarase a cabo en tres quendas:

 1º de ESO (porta principal)

 2º de ESO (porta patio)

 das 1130 ás 1200

 1º e 2º de Bacharelato

 (porta principal)

 das 1215 ás 1245

 3º de ESO (porta principal)

 4º de ESO (porta patio)

 das 1300 ás 1330

Nota: Hai transporte escolar

BELÉN MOLDES NO CNIC

Belén Moldes Pais, alumna de 2º de bacharelato no curso 2017/18, é unha das oito persoas becadas do programa "Acércate", que organiza o Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares (CNIC).

Na segunda quincena do mes de xullo desenvolverán un proxecto que achega a investigación en mediciña cardiovascular a alumnado de toda España con media de dez en bacharelato. Ademais de realizar diferentes prácticas terán a oportunidade de asistir a ponencias de relevantes figuras da cardioloxía como o propio Dr. Valentín Fuster, padriño do proxecto.

Ver a nova en La Voz de Galicia

.

Save

Save

PRIMEIRO PREMIO

Eirena Souto Pazó, de 1º ESO A, gaña o primeiro premio no certame “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”, co seu videoxogo "O entroido en Europa".

Noraboa, Eirena!

 

 

Distribuir contido