Novas
TÉ CON KANT. INVERSA TEATRO
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/12/2017 - 11:18Actividade para 2º de Bacharelato
Data: 14/12/17
Hora: 11:00
Lugar: Salón Teatro. Santiago de Compostela
Té con Kant clip 1 from Inversa Teatro on Vimeo.
ACTIVIDADE: Visita ao Parlamento de Galicia e a exposición «Vida» de Gervasio Sánchez.
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/12/2017 - 11:10O próximo venres 15 de decembro os departamentos de Filosofía, Relixión e Galego organizan unha visita ao Parlamento de Galicia e a exposición Vida de Gervasio Sánchez co alumnado de 2º de ESO.
Exposición «Vida» de Gervasio Sánchez. Santiago de Compostela
Taller «La dignidad es lo que importa», con Gervasio Sánchez. Santiago de Compostela
JUVENES TRANSLATORES
Enviado por admin o Xov, 30/11/2017 - 09:36
Outro ano máis o IES de Brión tivo a sorte de ser selecionado para participar no concurso anual de tradución da Comisión Europea que se celebra conxuntamente en todos os paises de la UE no mes de novembro. Noraboa ao alumnado que se presenta …¡Sorte no concurso!
DÚAS LÚAS
Enviado por admin o Ven, 17/11/2017 - 09:23
O venres día 17 de novembro ás 20:00 h, preséntase no IES de Brión a curta "Dúas lúas".
PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA "DESAFIOS STEM: PROGRAMACIÓN, ROBÓTICA E IMPRESIÓN 3D"
Enviado por admin o Lun, 09/10/2017 - 22:11O proxecto IVI ( Interpretación Virtual Interactiva) desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico ven de obter o 1º premIo do Desafío Programacion da categoría senior do Premio de innovación educativa "Desafíos STEM: Programación, robotica e impresión 3D convocado pola Consellería de Cultura, Educacion e O. U.
Parabéns a Pablo Bouzas Casal, Alex Dosil Souto, Hugo Fiz González Pérez, Ricardo Horta Cadenas, Xosé Lois Piñeira, Javier López Rúa, Lucas Medina Ramos, Carmen Trigo Covas e Manuel Vázquez Dosil.
O proxecto consistiu no deseño e construción dun sistema interactivo que permitise a representación e manipulación dun obxecto 3D en tempo real mediante a información recibida por un sensor.
Elaboráronse dúas variantes, nunha emprégase un ultrasón para definir translacións de figuras, na outra un xiroscopio para definir rotacións.
O traballo abrangue tres grandes áreas:
Obtención e procesado de datos mediante sensores e placa Arduino.
Recollida dos datos a través do porto serie e procesado dos mesmos mediante un script de Python.
Modelado de figuras e asignación de comportamentos mediante sensores e controladores en Blender.
Este proxecto foi desenvolvido cos medios e materiais dispoñibles nas nosas aulas, polo que podería ser reproducido, continuado e mellorado noutros centros co uso do seu material e a documentación elaborada polo alumnado. Calquera persoa interesada podería ampliar o proxecto con novos sensores, outros modelados e optimizar o sistema.
PREMIOS PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA
Enviado por admin o Ven, 29/09/2017 - 17:02
O venres 29 de setembro tivo lugar a entrega dos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2017 na Cidade da Cultura á que acudiron as profesoras Luz Ramos e Ana Santos.
No acto recolleron o accésit outorgado ao centro pola memoria presentada a este certame na que se recompilan os diferentes traballos desenvolvidos no centro ao abeiro do Plan Proxecta.
Este recoñecemento ven a abalar, unha vez máis, a liña metodolóxica de traballo por proxectos incorporada en diferentes materias dende hai anos no noso centro.
A nova no Portal Educativo da Conselleria de Cultura, Educación e O.U.
PRESENTACIÓN DO ALUMNADO. CURSO 2017/18
Enviado por admin o Mar, 05/09/2017 - 12:10O día de presentación do curso e recepción do alumnado por parte dos titores será o venres 15 de setembro de 2017. Levarase a cabo en tres quendas:
Das 11:30 ás 12:30
1º de ESO (porta principal)
2º de ESO (porta do patio)
Das 12:15 ás 13:00
1º e 2º de Bacharelato (porta principal)
Das 12:45 ás 13:30
3º de ESO (porta principal)
4º de ESO (porta do patio)
Nota: Hai transporte escolar.
O día 18 xa haberá clases con normalidade.
ENTREGA DE NOTAS
Enviado por admin o Mar, 05/09/2017 - 10:46As notas das probas extraordinarias de setembro do alumnado da ESO e 1º de bacharelato entregaránse o vindeiro xoves día 7 ás 10:00 horas.
IES DE BRIÓN. CENTRO E-DIXGAL
Enviado por admin o Lun, 24/07/2017 - 11:15O IES de Brión foi seleccionado para participar no proxecto de Educación Dixital E-Dixgal.
O alumnado de 1º e 2º de ESO empregará diferentes materiais dixitais como referencia para o desenvolvemento curricular das seguintes materias:
- 1º ESO:
Matemáticas, Lingua Galega, EPVA, Igualdade e Xénero, Programación, Educación en Valores e Relixión. - 2º ESO:
Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía, Introdución ao Control e Robótica, Investigación e Tratamento da Información, Educación en Valores e Relixión.
O proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa.
Os centros adscritos a este proxecto terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os centros deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder desta contorna e/ou proporcionados polo centro. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos poderán empregarse como complemento ou apoio.
FOLGA DE TRANSPORTE
Enviado por admin o Lun, 19/06/2017 - 23:50O IES de Brión emite unha circular informativa con motivo da folga do transporte de viaxeiros convocada para os vindeiros días 20 e 21 de xuño, e as súas posibles consecuencias no transporte escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »