IES DE BRIÓN. CENTRO E-DIXGAL
O IES de Brión foi seleccionado para participar no proxecto de Educación Dixital E-Dixgal.
O alumnado de 1º e 2º de ESO empregará diferentes materiais dixitais como referencia para o desenvolvemento curricular das seguintes materias:
- 1º ESO:
Matemáticas, Lingua Galega, EPVA, Igualdade e Xénero, Programación, Educación en Valores e Relixión. - 2º ESO:
Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía, Introdución ao Control e Robótica, Investigación e Tratamento da Información, Educación en Valores e Relixión.
O proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa.
Os centros adscritos a este proxecto terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os centros deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder desta contorna e/ou proporcionados polo centro. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos poderán empregarse como complemento ou apoio.