Novas
PREMIO IGACIENCIA 2017
Enviado por admin o Lun, 19/06/2017 - 22:47O proxecto "Interpretación Virtual Interactiva" desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I, resultou premiado no certame "Sensores para todos", promovido por Igaciencia.
O luns 19 de xuño, o alumnado desprazouse ao IES Ramón Menéndez Pidal, en A Coruña, para recoller o premio nun acto presidido pola Directora do centro, Mª Estrella Pérez, o Presidente de Igaciencia, Manuel Díaz, o Alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Logo da entrega de diplomas, o alumnado tivo a oportunidade de realizar unha breve exposición do seu traballo e unha demostración do funcionamento dos prototipos creados.
Premios de Igaciencia nos medios:
- Praza.gal
- Código cero
- Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria
- Concello de A Coruña
- Galiciaártabra.com
PREMIO DE PINTURA
Enviado por admin o Ven, 16/06/2017 - 10:02"A mirada da guerra", de Pedro Gronzo Aniceto, alumno de 4º de ESO, acadou o primeiro premio no duodécimo certame de pintura ¨Negreira en cor", promovido polo Concello de Negreira.
Parabéns!
ANUNCIO DE LICITACIÓN. CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO IES DE BRIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2017/2018
Enviado por admin o Ven, 09/06/2017 - 12:151. Entidade adxudicadora:
a) Organismo. IES de Brión.
b) Obtención de documentación e información. Oficina de Administración.
1) Enderezo: Paseo de Pedrouzos nº 3.
2) Localidade e código postal: Brión, 15865.
3) Teléfono: 881866058.
4) Fax: 881866074.
5) Correo electrónico. ies.brion@edu.xunta.es.
6) Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais dende a publicación do presente anuncio.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo. Xestión de servizos.
b) Descripción. Servizo de xestión e explotación da cafetería do IES de Brión para o curso escolar 2017/18.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación. Ordinaria.
b) Procedemento. Aberto.
c) Criterios de adxudicación. Oferta económicamente máis ventaxosa e calidade e prezo dos produtos ofertados coa posibilidade de presentación de variantes e melloras.
4. Canon mínimo de licitación:
a) Importe. Unha cantidade de trescentos cincuenta e cinco euros con sesenta céntimos(355,6 €) que o licitador pagará á Consellería de Cultura, Educación e O. U. en concepto de canon pola prestación do servizo.
5. Garantías esixidas. Definitiva: trescentos euros (300,00 €).
6. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación de ofertas. 15 días naturais dende a publicación do presente anuncio. No caso de que o último día fora sábado ou inhábil entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación. Oficina de Administración do IES de Brión.
Brión, 9 de xuño de 2017. O Director do IES de Brión: José Antonio Caneda Vidal
FINALISTAS EN "DESEÑO DE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS COA FERRAMENTA SCRATCH"
Enviado por admin o Xov, 08/06/2017 - 22:50Dous traballos do alumnado de Programación foron seleccionados como finalistas na segunda edición do certame “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch” convocado polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia e ligado ao programa “Aprendo programando” do “Plan proxecta“.
As propostas seleccionadas, este ano ao redor do tema "convivir en igualdade", foron as seguintes:
"Igualdade (the game)" realizado por Sara Molinos Carro, Manuel Fernández Vázquez e Daniel Blanco Sanz.
"As resposta segredas" realizado por Clara García Figueiras e Candela Pérez Tomé.
Parabéns!
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Xov, 01/06/2017 - 17:39No DOG do 22 de maio do 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: Para todo o alumando que cumpra os requisitos da convocatoria
FONDO PARA MATERIAL ESCOLAR: Para todo o alumnado que cumpra os requisitos da convocatoria
O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES REMATA O 23 DE XUÑO DO 2017
Carlos Callón, activista polos dereitos das persoas LGTBI
Enviado por Anónimo o Lun, 22/05/2017 - 11:08Hai uns días tivemos a sorte de contar en RadioEmbrión con Carlos Callón, escritor, profesor e activista galego tal e como el mesmo se define. Nesta ocasión reflexionou cun marabilloso grupo de alumnas sobre a situación das persoas LGTBI no ensino público galego. A discriminación -evidente ou soterrada- que aínda existe, os prexuízos cara o alumnado e o profesorado non heterosexual, os avances acadados nos últimos anos...Inés, Alba, Clara, Cristina e Andrea preguntaron e fixeron reflexións interesantísimas con Carlos, e creo que todas quedamos coa sensación de que o programa (que podedes escoitar aquí) fíxose curto e teriamos falado e preguntado moitísimo máis!
Ademais deste programa organizado directamente polo departamento de orientación, gravouse outro igual de interesante dende o Equipo de Normalización Lingüística. Foi tan apaixoante a conversa con Carlos sobre a nosa lingua que a gravación quedou moi longa e houbo que cortala en dúas partes para subila á web. Aquí tedes a primeira entrega. E, de novo, é un orgullo contar con alumnas como Alba, Leda e Laura, que participan na entrevista.
Moitísimas grazas a Carlos e a estes dous EQUIPAZOS de alumnas <3
PREMIOS NO XIV CERTAME LITERARIO DE NARRATIVA E POESÍA DO CONCELLO DE AMES
Enviado por Anónimo o Xov, 11/05/2017 - 17:47
No XIV Certame Literario do Concello de Ames foron premiados os alumnos: Daniel Souto Pazó, 1º premio en narrativa, na modalidade de ata 13 anos, coa obra Vía Libre Manuel Xiraldez Leal, 1º premio en poesía, na modalidade de 14 a 17 anos, coa obra De amor en vela
Parabéns ao alumnado |
DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2017
Enviado por Anónimo o Mér, 10/05/2017 - 00:28O pasado sábado 6 de maio o instituto foi convidado a participar pola rede de clubs de Ciencias Glu-on ao Día da Ciencia na Rúa celebrado no parque de Santa Margarita en A Coruña e organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Na jaima de Glu-on presentáronse proxectos tecnolóxicos de Ferrol, Ortigueira, Valdoviño, Vigo e Brión.
Unha representación do alumnado da modalidade científico-tecnolóxica de 1º de Bacharelato do centro expuxeron ao longo de toda a xornada, a unha grande afluencia de público, algúns dos proxectos nos que están a traballar durante este curso: Interpretación virtual interactiva e deseño e modificación de robots.
Día da Ciencia na Rúa na prensa:
La voz de Galicia: "Cientos de estudiantes participan en el día de la Ciencia en la calle"
La opinión: "A Coruña rinde homenaje a la investigación científica"
El ideal gallego: "El día de la Ciencia en la calle se celebrará con 50 jaimas"
Microsiervos: "XXII Día de la Ciencia en la calle"
OLIMPIADA GALEGA DE MATEMÁTICAS
Enviado por Anónimo o Lun, 08/05/2017 - 23:00
O alumno Daniel Souto Pazó, de 2º de ESO foi clasificado para a fase final da Olimpiada Matemática Galega, que terá lugar en Lugo o vindeiro 18 de maio, organizada por AGAPEMA Asociación Galega de profesorado de Educación matemática Parabéns e moita sorte na final! |
O IES DE BRIÓN NA III COMPETICIÓN DE ROBOTS DA EEI DE VIGO
Enviado por Anónimo o Ven, 28/04/2017 - 22:48Éxito do alumnado do IES de Brión na III competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, que contou con máis de 800 participantes e 160 equipos nesta edición.
Os equipos de 4º de ESO "Brión 3", "Brión 4" e "Brión 5" foron clasificados nos respectivos tapices para a final, quedando entre os 12 primeiros na rolda clasificatoria, preparándose para competir nunha reñidísima final na que acadaron os 2º, 1º e 4º postos, respectivamente.
Os equipos de 1º de Bacharelato "Brión 1" e "Brión2" tiveron unha excelente participación, clasificándose "Brión 2" para a final.
Parabéns ao alumnado polo traballo realizado e por compartilo!
Prensa:
Código Cero: A Competición de Robots reuniu a máis de 800 mozas e mozos na Escola de Enxeñería Industrial
La Voz de Galicia: Ochocientos estudiantes gallegos compiten en Vigo con sus robots
Praza: Wall-E e R2D2:Estudantes de toda Galicia poñen a proba os seus robots en Vigo
Atlántico: 800 escolares de toda Galicia llevan sus robots al campús
DUVI: Os androides máis creativos mediron as súas forzas no campus
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »