O IES DE BRIÓN NA III COMPETICIÓN DE ROBOTS DA EEI DE VIGO
Éxito do alumnado do IES de Brión na III competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, que contou con máis de 800 participantes e 160 equipos nesta edición.
Os equipos de 4º de ESO "Brión 3", "Brión 4" e "Brión 5" foron clasificados nos respectivos tapices para a final, quedando entre os 12 primeiros na rolda clasificatoria, preparándose para competir nunha reñidísima final na que acadaron os 2º, 1º e 4º postos, respectivamente.
Os equipos de 1º de Bacharelato "Brión 1" e "Brión2" tiveron unha excelente participación, clasificándose "Brión 2" para a final.
Parabéns ao alumnado polo traballo realizado e por compartilo!
Prensa:
Código Cero: A Competición de Robots reuniu a máis de 800 mozas e mozos na Escola de Enxeñería Industrial
La Voz de Galicia: Ochocientos estudiantes gallegos compiten en Vigo con sus robots
Praza: Wall-E e R2D2:Estudantes de toda Galicia poñen a proba os seus robots en Vigo
Atlántico: 800 escolares de toda Galicia llevan sus robots al campús
DUVI: Os androides máis creativos mediron as súas forzas no campus