Novas
Sesión informativa ABAU 2017
Enviado por Anónimo o Mar, 25/04/2017 - 12:10Aquí tedes a presentación que se utilizou na sesión informativa para 2º de bacharelato do 25 de abril. Lembrade, porén, que a información oficial é a que se atopa publicada na web da Comisión Interuniversitaria de Galicia.
Para calquera dúbida, o horario de atención ao alumnado da orientadora é en todos os recreos. Para as familias pregamos que solicitedes cita.
OS RISCOS DO MAL USO DAS REDES SOCIAIS
Enviado por Anónimo o Lun, 24/04/2017 - 23:02A ANPA do IES de Brión retoma a actividade da Escola de Nais e Pais o vindeiro mércores 26 de abril, ás 18:30 no Salón de Actos do instituto co tema "OS RISCOS DO MAL USO DAS REDES SOCIAIS".
Na actividade intervirán o profesor Elisardo Becoña, director da Unidade de Tabaquismo e Trastornos adictivos da USC, que falará dos problemas adictivos que pode xerar Internet. De seguido, sobre as 19,30h, intervirá o formador da Garda Civil Óscar Rey, quen amosará as conductas de risco que a cotío empregan os adolescentes na rede, para axudarnos a estar alerta.
Para acceder á información completa, preme na seguinte ligazón
OBRADOIROS
Enviado por Anónimo o Xov, 06/04/2017 - 23:06Ao longo de toda a semana e de forma máis concentrada durante os días 4 e 5 de abril organizáronse no centro obradoiros de temáticas variadas nos que o propio alumnado e/ou monitores impartiron actividades como:
- Makey makey
- Papiroflexia
- Regueifas
- Robótica
- Serigrafía
- Xabóns
- Xogos variados
- Cociña
- Física de partículas
JUVENES TRANSLATORES. MENCIÓN ESPECIAL
Enviado por admin o Ven, 24/02/2017 - 08:52
O alumno de bacharelato Lois Meira López obtén unha mención especial no concurso de tradución Juvenes Translatores da Comisión Europea.
Parabéns a Lois e aos outros concursantes de 2º de Bacharelato.
No enlace, pódense consultar todos os detalles: lista de gañadores por países, textos orixinais e traducións premiadas.
TÍTULOS DE SECUNDARIA E BACHARELATO
Enviado por Anónimo o Xov, 16/02/2017 - 18:19Desde o día 16 de febreiro de 2017, pódense recoller na oficina de administración do IES de Brión os títulos de Secundaria e Bacharelato correspondentes ao alumnado que rematou estes estudios no ano 2014.
ACCÉSIT DE 4º ESO NA FASE GALEGA DA VIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA
Enviado por Anónimo o Xov, 16/02/2017 - 10:54Un ano máis estamos de noraboa!
Esta vez foi Alberte X. López Freire Accésit de 4º ESO na VIII Olimpíada de Xeoloxía convocada por AEPECTGALICIA que demostrou que a Xeoloxía se move no IES de Brión.
Parabéns Alberte!
"MULLERES TIC" 3º PREMIO EN WISIBILÍZALAS
Enviado por admin o Sáb, 11/02/2017 - 13:21O día 11 de febreiro coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a profesora de Tecnoloxía Luz Ramos López recolleu en Barcelona o terceiro premio do concurso Wisibilízalas convocado polo Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra.
Este galardón foi outorgado a un grupo formado por alumnado de 1º de Bacharelato e 4º de ESO en recoñecemento á calidade da páxina web "Mulleres TIC" elaborada nas materias de TIC e EPVA.
Detras deste traballo, e debido ás dinámicas de aula que favorecen que o alumnado colabore e comparta materiais, hai un grupo máis nutrido de alumnado que merece o noso recoñecemento mesmo que non figure formalmente na configuración do equipo gañador. Parabéns!
Aldana Sierra, José David | Alonso Lameiro, Carmen | Bouzas Casal, Pablo | Carcedo Martínez, Antón | Dosil Souto, Alejandro | Fernández Montero, Carla | Gómez Prieto, Paulo Antón | González Pazos, Carmen | González Pérez, Hugo Fiz | Horta Cadenas, Ricardo | Liñares Gesto, Brais | Lois Piñeira, Xosé | López Freire, Alberte Xosé | Lorenzo García, Martiño | Manukyan, Karen | Martínez Santos, Carmen Mª | Nimo Ares, Irene | Sánchez Petruk, Patricia | Soto García, Martín | Trigo Cobas, Carmen | Vázquez Dosil, Manuel
Entrevista na Cadena Cope
Código Cero: Estudantes do IES de Brión chegan á final do prestixioso concurso Wisibilízalas
La voz de Galicia: Premio para o IES de Brión
El correo gallego: O alumnado do IES de Brión logra o terceiro posto no concurso Wisibilízalas
NA PROCURA DO TALENTO DIXITAL
Enviado por Anónimo o Dom, 29/01/2017 - 22:50Un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato do noso instituto foi premiado no concurso "Na procura do talento dixital" organizado por Dico Summit 2017 durante o 24 e 25 de xaneiro na Cidade da Cultura.
Vía: Código cero
O concurso consistíu na procura de novos talentos a través da presentación breve dunha idea-concepto sobre un producto ou servizo innovador no campo dos contidos dixitais.
A proposta gañadora do 1º premio da modalidade "Mozo" foi "Read for speed", unha aplicación universal que busca a mellora do nivel de velocidade e comprensión lectora dos usuarios.
A nova na prensa:
- El correo gallego: Dico Summit, plataforma de talento digital
- Código Cero: O Dico Summit pecha premiando o talento dos máis novos
- Con Voz, de Radio Voz: Programa do sábado 28 de xaneiro ( a partir do minuto 16)
Parabéns aos alumnos premiados!
FINALISTAS EN WISIBILÍZALAS
Enviado por admin o Mar, 17/01/2017 - 20:25O equipo "Brión 2" resultou seleccionado entre os catro finalistas no concurso "Wisibilízalas" organizado pola Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. O vindeiro 11 de febreiro, "Día da Nena e a Muller na Ciencia", coñecerase a orde dos finalistas.
Parabéns ao alumnado participante.
As páxinas web creadas son o producto dun proxecto interdisciplinar con alumnado de diferentes niveis que pretende visibilizar ás mulleres nas TIC, enmarcado no programa "Rapazas emprendedoras nas TIC" do Plan Proxecta.
Máis informacion sobre a participación nesta convocatoria
Orientación Académica e Profesional: O Ciclo Formativo de Grao Superior "Son Para Audiovisuais e Espectáculos"
Enviado por Anónimo o Lun, 16/01/2017 - 13:54Con este programa comezamos un pequeno proxecto de colaboración de Radio emBrión -co profesor Agustín á fronte- e o Departamento de Orientación, para achegarvos testimonios de primeira man de persoas que cursaron diversas titulacións tanto de FP como universitarias.
Comezamos esta semana co Ciclo Formativo de Grao Superior "Son para audiovisuais e espectáculos". Manuel Duro Santos veu á radio a contarnos a súa experiencia, tanto no propio ciclo como posteriormente. Entrevistárono Alba Suárez e Ángel Miranda, que cursan a materia de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato. Agracdecémoslles aos tres a súa presenza, e tamén ao profesor Xabier Lorenzo a súa colaboración na preparación da entrevista.
Aquí tedes o enlace para escoitar o programa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »