OS RISCOS DO MAL USO DAS REDES SOCIAIS
Enviado por Anónimo o Lun, 24/04/2017 - 23:02
A ANPA do IES de Brión retoma a actividade da Escola de Nais e Pais o vindeiro mércores 26 de abril, ás 18:30 no Salón de Actos do instituto co tema "OS RISCOS DO MAL USO DAS REDES SOCIAIS".
Na actividade intervirán o profesor Elisardo Becoña, director da Unidade de Tabaquismo e Trastornos adictivos da USC, que falará dos problemas adictivos que pode xerar Internet. De seguido, sobre as 19,30h, intervirá o formador da Garda Civil Óscar Rey, quen amosará as conductas de risco que a cotío empregan os adolescentes na rede, para axudarnos a estar alerta.
Para acceder á información completa, preme na seguinte ligazón