FIESTINEMA

Os alumnos de 4ºESO que cursan a materia de francés poideron asistir ao Fiestinema, organizado pola Alianza francesa, coa proxección de "La Petite Bande" que tivo lugar o mércores 13 de novembro no IES Rosalía de Castro. 

Ao rematar a película, os alumnos comentaron que lles gustara esta comedia francesa protagonizada por cinco adolescentes na cal entrelazaban varios temas como a amizade, o acoso escolar, o medioambiente. En xeral, quedaron satisfeitos, porque lles resultou fácil de entender a pesar de non estar acostumados a ver películas en versión orixinal.  

INTERCAMBIO TEATRAL CO IES XESÚS TABOADA CHIVITE

O noso grupo de teatro musical estivo o venres 8 de novembro en Verín, nun Chivite (o anfitrión), o IES Ribeira do Louro de Porriño e o Teatro das Maniotas do noso centro. Despois dunha xornada inesquecible no auditorio de Verín, agasalláronnos cun xantar no instituto. Cara final de curso esperamos ver a todos e todas en Brión.

PREMIOS SAN CLEMENTE

Este ano, un grupo de lectoras do noso centro formou parte do xurado dos Premios San Clemente. Estes premios tan prestixiosos distinguen anualmente obras en tres categorías: novela galega, novela en castelán e novela estranxeira. 

Durante o verán, un xurado formado por estudantes de bacharelato de varios institutos de Galicia, Madrid, Francia, Inglaterra e Alemaña leron as obras finalistas e decidiron a súa escolla. Reunidos os xurados de cada categoría, argumentaron a súa escolla e votaron, saíndo escollidas as obras seguintes:

Hotel carioca de Antón Riveiro Coello
Literatura Infantil de Alejandro Zambra
Retrato de casada de Maggie O'Farrell
 
As nosas alumnas, ademais de formar parte dos xurados tamén foron as encargadas de dar lectura ao fallo do xurado en dúas das categorías. Unha experiencia que non acaba aquí xa que participarán tamén na entrega dos premios aos autores nunha gala que se celebrará no próximo trimestre.
Unha boa experiencia que premia ás lectoras e visibiliza a importancia das experiencias lectoras nos estudantes. Para o noso instituto un orgullo estar tan ben representados/as polas nosas alumnas Julia B., Marta M., Rut B, Emma C, e Iria C.

INTERCAMBIO EDUMOB EN FRANCIA

Xa están de volta os nosos tres alumnos que tiveron a sorte de participar no programa Edumob e veñen moi contentos coa experiencia!

Este programa foi solicitado polo Departamento de Francés que animou ao alumnado de 4º de ESO a presentar a súa candidatura. Finalmente os nosos tres alumnos  foron escollidos e puideron pasar un mes aloxados en familias e asistindo a clases de distintos centros da Région Académique Nancy-Metz. Nadir, Pablo e Roi coñeceron como é a vida do instituto francés, compartiron tempo e vivencias coas/cos súas correspondentes e tiveron ocasión de facer excursións e actividades nas fines de semana coas familias e as novas amizades.

Os horarios durante a semana foron intensos e non deixaban tempo a moitas actividades: erguerse moi cedo, comer no instituto e ata media tarde non rematar as clases; pero isto tamén lles deu a oportunidade de facer vida cos seus compañeiros de centro e poder comparar os nosos sistemas educativos nos que como sempre, hai vantaxes e inconvenientes.

Moi boa experiencia! E agora a preparar a chegada das súas correspondentes que nos acompañarán no centro desde o 25 de Outubro e durante un mes, así que vai ser tamén unha boa experiencia para toda a comunidade educativa!

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 24-25

Tendo en conta o Decreto 92/1988 do 28 de abril, o Decreto 324/1996 do 26 de xullo e a resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización, convócanse ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR, nos seguintes sectores:

  • PROFESORADO: renovación de 4 membros
  • ALUMNADO: renovación de 3 membros
  • PAIS/NAIS: renovación de 1 membro.
  • PAS: renovación de 1 membro.

O proceso electoral, regulado e supervisado pola Xunta Electoral, será levado a cabo de acordo co calendario anexado. (clica aquí para descargar o calendario)

O modelo de candidatura está tamén dispoñible na secretaría do centro e os censos publicados no taboleiro correspondente.

"FAINO POSIBLE" (PROXECTO COMPETENCIAL 2ºESO)

Aquí temos o resultado do traballo que realizou o alumnado de 2º ESO de Proxecto Competencial ao longo do curso. Traballaron sobre aspectos patrimoniais de Brión para poñelos en valor e facelos accesibles a todos e todas e como resultado, un folleto en galego e un folleto en castelán, e unha páxina web na que tamén se inclúen videos con lingua de signos, subtitulado, audios explicativos e roteiros para que a información sobre o rico patrimonio do noso Concello sexa accesible a todas e todos.

KAYAK E MÁIS ACTIVIDADES NA ILLA DE AROUSA CON 1º ESO

Saída 1º ESO á Illa de Arousa

O xoves 20 de xuño, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión de fin de curso, a Illa de Arousa.

A primeira parada foi no miradoiro Punta Quilma onde o alumnado tivo a sorte de ver arroaces que xogaban preto da costa e contemplar a paisaxe dende un dos bancos máis antigos da zona. Logo, continuaron cun pequeno roteiro ata o Muíño das Mareas de As Aceñas, onde o guía lles deu unha explicación sobre o seu funcionamento e a importante función que tiña na illa antigamente.

Posteriormente, volveron a Arousa Kayaks para prepararse e coller o material necesario para comezar a aventura en kayak e no barco-dragón, dirección ao Parque Natural de Carreirón. O vento dificultaba o avance, pero todos/as remaban con ganas para poder avanzar preto da costa e chegar a praia Rosa da Mosca.

Xa a mediodía, repuxeron forzas no Areoso Beach Club para logo de xantar ir a zona de xogos da praia do Vao onde se divertiron coas pas, cos frisbees, co tiro con arco ou co datchball.

Pasámolo moi ben. O próximo curso repetiremos!

Departamento de Educación Física

Preme na icona para ver máis fotografías

Icona click

VISITA 2º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN DE AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA DA AGUIEIRA

No Castro Baroña

O pasado 21 de xuño, os estudantes de 2º ESO fixemos unha excursión pola zona do Porto do Son. 

O primeiro lugar que visitamos foi o faro de Corrubedo. Practicamos "parkour" nas rochas e vimos o faro. Houbo persoas que caeron alí. Facer parkour parece que non é tan doado!
A seguinte parada foron as dunas de Corrubedo. Non puidemos camiñar por elas, pero si puidemos velas. 
Despois, fixemos unha pequena camiñada para visitar a praia ao lado das dunas e vimos algunha rocha con moluscos. 
Logo, visitamos o dolmen de Axeitos. Estaba en bo estado e puidemos aprender algo de información sobre el. 
Máis tarde, fomos ao castro de Baroña. Era máis grande do que pensaba! As edificacións estaban en perfecto estado e tiña unhas vistas incribles.
A continuación, fomos á praia da Aguieira. Comemos antes de ir á praia nunha zona recreativa. 
Finalmente, baixamos á praia. Xogamos ao fútbol, coas pas, ao volei e cos frisbees e nadamos . A auga estaba conxelada! 
Esta foi a nosa excursión para despedir o curso.
Gustaríame repetila!  
Daniel Caramés Giménez, 2º de ESO - A
Preme na seguinte icona para ver máis fotos
Icona click

SWING DANCE IS COOL!

O 14 de maio o alumnado de 3º de ESO, divididos en dous grupos, participamos nunha clase de swing dance.

O noso profesor, Carlos, primero fíxonos unha introdución. Contounos que o swing dance provén da década dos 90 (1920-1940) e a súa orixe é afroamericana.

Comezamos a clase camiñando arredor do pavillón e "sentindo a música". Logo tiñamos que, cada vez que faciamos contacto visual con alguén, sinalalo e dicir: "Yeah! Para sentirnos guay".

Entón o profesor comezou a ensinarnos algúns pasos (boogie forward, boogie back, boogie drop, knee slap, takei Annie, mambo step), para finalmente facer unha coreografía, como podedes ver no vídeo.

Paseino moi ben na clase e gustoume moito a coreografía e espero facer máis actividades coma esta.

Lucía Quintáns, 3º ESO A

Para ler o artigo completo en galego, preme na seguinte icona

Icona click

Para ler o artigo en inglés, preme na seguinte icona

Icona click

Podes ver as fotos do obradoiro de swing dance premendo na seguinte icona

Icona click

Distribuir contido