25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Enviado por Dirección o Mér, 20/11/2024 - 22:50FIESTINEMA
Enviado por Dirección o Lun, 18/11/2024 - 09:35Os alumnos de 4ºESO que cursan a materia de francés poideron asistir ao Fiestinema, organizado pola Alianza francesa, coa proxección de "La Petite Bande" que tivo lugar o mércores 13 de novembro no IES Rosalía de Castro.
Ao rematar a película, os alumnos comentaron que lles gustara esta comedia francesa protagonizada por cinco adolescentes na cal entrelazaban varios temas como a amizade, o acoso escolar, o medioambiente. En xeral, quedaron satisfeitos, porque lles resultou fácil de entender a pesar de non estar acostumados a ver películas en versión orixinal.
INTERCAMBIO TEATRAL CO IES XESÚS TABOADA CHIVITE
Enviado por Dirección o Xov, 14/11/2024 - 12:06O noso grupo de teatro musical estivo o venres 8 de novembro en Verín, nun Chivite (o anfitrión), o IES Ribeira do Louro de Porriño e o Teatro das Maniotas do noso centro. Despois dunha xornada inesquecible no auditorio de Verín, agasalláronnos cun xantar no instituto. Cara final de curso esperamos ver a todos e todas en Brión.
PREMIOS SAN CLEMENTE
Enviado por Dirección o Mér, 23/10/2024 - 20:58Durante o verán, un xurado formado por estudantes de bacharelato de varios institutos de Galicia, Madrid, Francia, Inglaterra e Alemaña leron as obras finalistas e decidiron a súa escolla. Reunidos os xurados de cada categoría, argumentaron a súa escolla e votaron, saíndo escollidas as obras seguintes:
INTERCAMBIO EDUMOB EN FRANCIA
Enviado por Dirección o Mér, 16/10/2024 - 17:02Xa están de volta os nosos tres alumnos que tiveron a sorte de participar no programa Edumob e veñen moi contentos coa experiencia!
Este programa foi solicitado polo Departamento de Francés que animou ao alumnado de 4º de ESO a presentar a súa candidatura. Finalmente os nosos tres alumnos foron escollidos e puideron pasar un mes aloxados en familias e asistindo a clases de distintos centros da Région Académique Nancy-Metz. Nadir, Pablo e Roi coñeceron como é a vida do instituto francés, compartiron tempo e vivencias coas/cos súas correspondentes e tiveron ocasión de facer excursións e actividades nas fines de semana coas familias e as novas amizades.
Os horarios durante a semana foron intensos e non deixaban tempo a moitas actividades: erguerse moi cedo, comer no instituto e ata media tarde non rematar as clases; pero isto tamén lles deu a oportunidade de facer vida cos seus compañeiros de centro e poder comparar os nosos sistemas educativos nos que como sempre, hai vantaxes e inconvenientes.
Moi boa experiencia! E agora a preparar a chegada das súas correspondentes que nos acompañarán no centro desde o 25 de Outubro e durante un mes, así que vai ser tamén unha boa experiencia para toda a comunidade educativa!
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 24-25
Enviado por Dirección o Mér, 09/10/2024 - 09:06Tendo en conta o Decreto 92/1988 do 28 de abril, o Decreto 324/1996 do 26 de xullo e a resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización, convócanse ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR, nos seguintes sectores:
- PROFESORADO: renovación de 4 membros
- ALUMNADO: renovación de 3 membros
- PAIS/NAIS: renovación de 1 membro.
- PAS: renovación de 1 membro.
O proceso electoral, regulado e supervisado pola Xunta Electoral, será levado a cabo de acordo co calendario anexado. (clica aquí para descargar o calendario)
O modelo de candidatura está tamén dispoñible na secretaría do centro e os censos publicados no taboleiro correspondente.
"FAINO POSIBLE" (PROXECTO COMPETENCIAL 2ºESO)
Enviado por Dirección o Ven, 12/07/2024 - 11:35KAYAK E MÁIS ACTIVIDADES NA ILLA DE AROUSA CON 1º ESO
Enviado por educfisica o Mar, 02/07/2024 - 13:04O xoves 20 de xuño, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión de fin de curso, a Illa de Arousa.
A primeira parada foi no miradoiro Punta Quilma onde o alumnado tivo a sorte de ver arroaces que xogaban preto da costa e contemplar a paisaxe dende un dos bancos máis antigos da zona. Logo, continuaron cun pequeno roteiro ata o Muíño das Mareas de As Aceñas, onde o guía lles deu unha explicación sobre o seu funcionamento e a importante función que tiña na illa antigamente.
Posteriormente, volveron a Arousa Kayaks para prepararse e coller o material necesario para comezar a aventura en kayak e no barco-dragón, dirección ao Parque Natural de Carreirón. O vento dificultaba o avance, pero todos/as remaban con ganas para poder avanzar preto da costa e chegar a praia Rosa da Mosca.
Xa a mediodía, repuxeron forzas no Areoso Beach Club para logo de xantar ir a zona de xogos da praia do Vao onde se divertiron coas pas, cos frisbees, co tiro con arco ou co datchball.
Pasámolo moi ben. O próximo curso repetiremos!
Departamento de Educación Física
Preme na icona para ver máis fotografías
VISITA 2º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN DE AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA DA AGUIEIRA
Enviado por educfisica o Mér, 26/06/2024 - 18:40O pasado 21 de xuño, os estudantes de 2º ESO fixemos unha excursión pola zona do Porto do Son.
SWING DANCE IS COOL!
Enviado por educfisica o Mér, 26/06/2024 - 18:12O 14 de maio o alumnado de 3º de ESO, divididos en dous grupos, participamos nunha clase de swing dance.
O noso profesor, Carlos, primero fíxonos unha introdución. Contounos que o swing dance provén da década dos 90 (1920-1940) e a súa orixe é afroamericana.
Comezamos a clase camiñando arredor do pavillón e "sentindo a música". Logo tiñamos que, cada vez que faciamos contacto visual con alguén, sinalalo e dicir: "Yeah! Para sentirnos guay".
Entón o profesor comezou a ensinarnos algúns pasos (boogie forward, boogie back, boogie drop, knee slap, takei Annie, mambo step), para finalmente facer unha coreografía, como podedes ver no vídeo.
Paseino moi ben na clase e gustoume moito a coreografía e espero facer máis actividades coma esta.
Lucía Quintáns, 3º ESO A
Para ler o artigo completo en galego, preme na seguinte icona
Para ler o artigo en inglés, preme na seguinte icona
Podes ver as fotos do obradoiro de swing dance premendo na seguinte icona