AS DEMANDAS DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA, CONTRA OS RECORTES DE MATERIAS NO CENTRO, EN RTVE-GALICIA.

FELICITACIÓN DE NADAL Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO.

Pese a ser outro ano "especial", debido á que a situación sanitaria nos impide celebrar nestas datas os actos que eran habituais no noso centro, non queremos deixar pasar a oportunidade de desexarlles boas festas á nosa comunidade educativo no seu conxunto. E facémolo con este sinxelo vídeo elaborado polo alumnado que forma parte do Equipo de Dinamización Lingüística do centro, co desexo de que o ano 2022 sexa favorable a tod@s. Bo Nadal.

VISITA DIDÁCTICA A VILELA (NAVIA) PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO.

Estes dous grupos tiveron a oportunidade de gozar desta actividade formativa, denominada moi acertadamente "Latexa Ancares", deseñada e organizada pola "Asociación ambientalista e cultural Ser", que preside Óliver Laxe, e que tivo lugar na aldea ancaresa de Vilela, onde se ubica a sede desta asociación.

O alumnado de 4º acudiu o xoves 16 de decembro e parte do alumnado de 3º o mércores 17. Todas e todos participamos, en primeiro lugar, nunha xincana didáctica, proposta para achegar aos visitantes, dun xeito lúdico e participativo, o patrimonio socio-económico e natural da aldea e da súa contorna(castro do Teso da Ermida, o muíño de Vilela, ...), poñendo en valor o espazo natural da Reserva da Biosfera dos Ancares e o seu patrimonio cultural, sen esquecer a súa proxección de futuro.

VISITA DIDÁCTICA A VILELA (NAVIA) PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO.

ALUMNA PREMIADA ENTRE AS MELLORAS ORADORAS DO PARLAMENTO XOVE 2021

Anne Rodríguez Orol, que participou na 12ª edición do Parlamento Xove (2021) formando parte do equipo de 1º de Bac do IES de Becerreá, recibiu o galardón que a distingue como unha das mellores oradoras deste torneo escolar de debate (ver noticia sobre o acto). Nesta categoría de Bacharelato participaban 20 equipos e 80 rapazas e rapaces, o que resalta o mérito do desempeño de Anne neses debates. Os nosos parabéns para ela e o ánimo para os equipos do noso centro que participarán na 13ª edición do ano 2022 e que xa comezaron a súa preparación.

ALUMNA PREMIADA ENTRE AS MELLORAS ORADORAS DO PARLAMENTO XOVE 2021

CHARLA SOBRE A LOITA POLOS DEREITOS LABORAIS EN GALICIA DURANTE A DITADURA.

Rafel Pillado visitou o IES de Becerreá para ofrecer ao alumnado de Bac o relato sobre as loitas obreiras polos dereitos laborais en Galicia durante a ditadura franquista. En particular,  a súa intervención centrouse na análise das mobilizacións e protestas obreiras na comarca de Ferrol que acaeceron durante os anos 60 e 70 do pasado século. Rafael Pillado foi detido e enviado ao cárcere en varias ocasións por terse involucrado nesa loita política por dereitos agora irrenunciables no mundo laboral e na súa regulación.

CHARLA SOBRE A LOITA POLOS DEREITOS LABORAIS EN GALICIA DURANTE A DITADURA.

O 25N NO IES DE BECERREÁ

PREME AQUÍ para coñecer, ao detalle, como se organizou esta xornada de denuncia e rexeitamento contra a violencia de xénero e o machismo.

AQUÍ podes acceder a algunhas das fotos que recollen os distintos actos.

Finalmente, neste vídeo podes ver os actos centrais desenvoltos nesta xornada.

O 25N NO IES DE BECERREÁ

ESCALADA EN ROCÓDROMO PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO

O alumnado destes cursos visitou "Rocolugo" (https://rocolugo.com) para practicar esta modalidade nun entorno seguro e de xeito lúdico, gozando dunhas instalacións magníficas e dunha inmellorable atención por parte dos tres monitores encargados de desenvolver a actividade. PREME AQUÍ para ver algunhas das imaxes que nos deixou esta xornada.

ESCALADA EN ROCÓDROMO PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO

SAMAÍN 2021 NO IES DE BECERREÁ

O alumnado e a coordinadora do EDL do noso centro instalaron estar terrorífica exposición no vestíbulo de entrada do edificio novo, con motivo da chegada do Samaín. Quedan pendentes para o futuro actos semellantes aos que se organizaban antes desta pandemia. Entre tano, AQUÍ podes descargar as fotos que amosan os detalles desta exposición, na que se recollen lendas relacionadas con esta época do calendario e tamén lecturas "terroríficas" recomendadas desde o equipo da biblioteca do centro.

SAMAÍN 2021 NO IES DE BECERREÁ

NOVA CONCENTRACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA CONTRA OS RECORTES DE MATERIAS.

Segunda concentración ás portas do noso centro para protestar contra os recortes educativos, tanto os levados a cabo no noso centro como noutros da comarca dos Ancares. Este vez, foron as familias as que leron o seu propio manifesto, que na liña de todos os textos anteriores, amosa o rexeitamento a unhas medidas que limitan o futuro do estudantado da comarca.

ESTE É O MANIFESTO lido polas familias e AQUÍ podes ver as fotos desta nova concentración da nosa comunidade educativa.

CONCENTRACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA CONTRA OS RECORTES DE MATERIAS NO IES DE BECERREÁ

O martes 26 de outubro levamos a cabo a primeira das concentracións que se realizarán no IES de Becerreá para lembrarlle á Consellería de Educación que rexeitamos por completo a política de recorte de materias que está a aplicar e que ten graves e inmediatas consecuencias para o noso centro. Coa participación do profesorado, alumando, familias e representantes sindicais, e ataviados coa cor do loito, despregamos as  pancartas e leuse o manifesto no que expoñemos o noso rexeitamento razoado ás medidas que supoñen a desaparición de materias no presente curso (pese a contar co profesorado necesario) e a máis que posible diminución da oferta nun futuro a curto prazo. DESCARGA AQUÍ o manifesto lido e AQUÍ as imaxes da concentración.

Distribuir contido