Información XERAL

CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

PREME AQUÍ para ver o calendario escolar do curso 2024-2025.

INFORMACIÓN DAS TITORÍAS E HORARIOS DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS NO CURSO 2024-2025

No seguinte documento pódese consultar a información dos grupos da ESO e bacharelato, os titores/as dos cursos e os horarios do profesosorado para a atención ás familias, durante o curso 2024-2025.

 

HORARIOS DOS GRUPOS NO CURSO 2024-2025

No seguinte documento pódense consultar os horarios dos grupos para o curso 2024-2025.

 

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA E PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO

PRESENTACIÓNS:

  • ESO: mércores, 11 de setembro de 2024 ás 10:00 horas.
  • BACHARELATO: mércores, 11 de setembro de 2024 ás 12:00 horas.

COMEZO DAS CLASES:

  • ESO: mércores, 11 de setembro de 2024, despois das presentacións.
  • BACHARELATO: xoves, 12 de setembro de 2024 ás 9:10 horas.

IMPORTANTE (USARIOS COMEDOR): está publicada no taboleiro de anuncios do IES de Becerreá a listaxe de usuarios admitidos no comedor escolar para o curso 2024-2025.

IMPORTANTE (USUARIOS TRANSPORTE): o servizo de transporte escolar funcionará con normalidade desde o 11 de setembro de 2024 (día de comezo das clases). Todas as paradas solicitadas están concedidas.

DATAS PREFERENTES DE MATRÍCULA PARA O CURSO 24-25

ESTE É O CALENDARIO no que se recollen as datas preferentes de matrícula para o vindeiro curso 24-25, período que abrangue desde o 25 de xuño (o 24 é festivo local en Becerreá) ata o luns 8 de xullo (incluídos). Prégase que se respecten estas datas preferentes para facilitar a tarefa de xestión das matrículas o dos servizos complementarios (transporte e comedor). A documentación necesaria para a matrícula será entregada previamente ao alumnado, pero, se fora necesario por calquera razón, tamén dispoñen dela na "secretaría virtual" da nosa páxina web.

CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS PARA 1º DE BAC

ESTEé o calendario das probas extraordinarias para o alumnado de 1º de Bac con materias suspensas despois da avaliación ordinaria.

CALENDARIO DE FIN DE CURSO

AQUÍ podes descargar o calendario coas datas máis salientables do remate do curso.

SOLICITUDE BECAS ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS 24-25

DESCARGA AQUÍ información básica sobre a convocatoria 24-25.

DOCUMENTO INFORMATIVO sobre o procedemento telemático de solicitude.

AQUÍ podes descargar a resolución de convocatoria publicada no BOE.

 

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO DA ESO E BAC 23-24

DESCARGA AQUÍ o resumo que ofrecemos da resolución da Consellería de Educación (publicada o día 1 de marzo), pola que se ditan instrucións para desenvolver, por primeira vez, a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso 2023/24. Si se desexa participar nas probas específicas que se mencionan, os centros educativos temos de prazo ata o día 15 de marzo para inscribir  telematicamente ao alumnado que o desexe. Agradécese que aquelas persoas que poida ter interese na inscrición da proba fagan a súa solicitude antes desa data. PREMENDO AQUÍ poderías acceder a unha demo das probas de acreditación.

PROHIBICIÓN DE USO DOS TELÉFONOS MÓBILES NOS CENTROS EDUCATIVOS POR PARTE DO ALUMNADO

AQUÍ podes descargar a Orde da Consellería de Educación que regula a utilización dos teléfonos móbiles nos centros educativos por parte do alumnado. A información de maior interese aparece no Anexo da mesma (a partir da páxina 7, aparecendo subliñado o contido máis importante).

Distribuir contido