INFORMACIÓN ALUMNADO

DATAS PREFERENTES DE MATRÍCULA PARA O CURSO 24-25

ESTE É O CALENDARIO no que se recollen as datas preferentes de matrícula para o vindeiro curso 24-25, período que abrangue desde o 25 de xuño (o 24 é festivo local en Becerreá) ata o luns 8 de xullo (incluídos). Prégase que se respecten estas datas preferentes para facilitar a tarefa de xestión das matrículas o dos servizos complementarios (transporte e comedor). A documentación necesaria para a matrícula será entregada previamente ao alumnado, pero, se fora necesario por calquera razón, tamén dispoñen dela na "secretaría virtual" da nosa páxina web.

CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS PARA 1º DE BAC

ESTEé o calendario das probas extraordinarias para o alumnado de 1º de Bac con materias suspensas despois da avaliación ordinaria.

CALENDARIO DE FIN DE CURSO

AQUÍ podes descargar o calendario coas datas máis salientables do remate do curso.

SOLICITUDE BECAS ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS 24-25

DESCARGA AQUÍ información básica sobre a convocatoria 24-25.

DOCUMENTO INFORMATIVO sobre o procedemento telemático de solicitude.

AQUÍ podes descargar a resolución de convocatoria publicada no BOE.

 

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO DA ESO E BAC 23-24

DESCARGA AQUÍ o resumo que ofrecemos da resolución da Consellería de Educación (publicada o día 1 de marzo), pola que se ditan instrucións para desenvolver, por primeira vez, a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso 2023/24. Si se desexa participar nas probas específicas que se mencionan, os centros educativos temos de prazo ata o día 15 de marzo para inscribir  telematicamente ao alumnado que o desexe. Agradécese que aquelas persoas que poida ter interese na inscrición da proba fagan a súa solicitude antes desa data. PREMENDO AQUÍ poderías acceder a unha demo das probas de acreditación.

PROHIBICIÓN DE USO DOS TELÉFONOS MÓBILES NOS CENTROS EDUCATIVOS POR PARTE DO ALUMNADO

AQUÍ podes descargar a Orde da Consellería de Educación que regula a utilización dos teléfonos móbiles nos centros educativos por parte do alumnado. A información de maior interese aparece no Anexo da mesma (a partir da páxina 7, aparecendo subliñado o contido máis importante).

CALENDARIO EXAMES RECUPERACIÓN MATERIAS PENDENTES 1º BAC

Se tes algunha materia pendente de 1º de Bac, DESCARGA AQUÍ  o calendario fixado para a celebración dos exames, que se desenvolverán entre os días 15 e 19 de abril.

PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR

PREME AQUÍ e obterás o protocolo de funcionamento do noso comedor escolar, onde se recolle información de importancia sobre este servizo para as familias e os/as usuarios/as do mesmo (tipo de xestión do comedor, obxectivos, menús, normativa básica, obrigas o normas para as familias e alumnado, ...).

MENÚS MENSUAIS DO COMEDOR ESCOLAR.

Neste apartado ofrecerase a información sobre os menús do comedor do centro. AQUÍpodes descargar o menú para o 1º trimestre, ofrecido pola empresa concesionaria do servizo do comedor para o curso 24-25, "Eurest Colectividades S.L."

NEVEGAR SEGURO POR INTERNET

ESTA É UNHA A GUÍA que ofrece información ás familias para que os nosos fillos/as poidan sacar o máximo proveito da web, ao tempo que evitan os seus riscos. Na dirección www.edu.xunta.es/navegaconrumbo pódese atopar máis información.

Axuda ao teu fillo/a a compartir de forma segura a través da rede. INFORMATE AQUÍ.

Distribuir contido