MEDIACIÓN E MEDIADORES/AS EN CONFLITOS ESCOLARES |
PREMENDO AQUÍ poderás ter acceso a unha breve guía que explica o que é un proceso de mediación en caso de conflito entre iguais, cando é indicada a mediación e, sobre todo, quen é o alumnado formado como mediadores e mediadoras no noso centro na actualidade, e que serán de moita axuda para os compañeiros e compañeiras que queiran resolver un conflito interpersoal escoitando e dialogando. |
|||
Se PREMES AQUÍ, poderás acceder a unha guía válida para que calquera membro da nosa comunidade escolar (pais, alumnado, docentes ...) poida entender mellor o fenómeno do maltrato escolar e así evitalo ou combatilo coa maior eficacia posible. Máis que unha guía infalible, é un documento que nos debe levar á reflexión sobre un tema tan delicado como este. Esperamos que sexa de valor para todos e todas. |
|||