Información PROXECTO EDIXGAL

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O USO DOS ORDENADORES INDIVIDUAIS DO PROXECTO EDIXGAL.

ESTE é o Protocolo de uso do equipamento Edixgal do noso centro, que regula a súa utilización diaria dentro do centro por parte do alumnado e profesorado. Ten especial importancia o capítulo 2 do mesmo, que se refire expresamente ás normas de uso dos ordenadores e ás responsabilidades derivadas. AQUÍ está a información específica sobre a cobertura do seguro voluntario para o equipamento do alumnado.

IMPORTANTE: AMPLIACIÓN DO PROXECTO EDIXGAL A TODA A ESO.

O IES de Becerreá fora seleccionado  para participar no Proxecto E-Dixgal  desde o 2017-18. Para o curso 21-22, producirase a nosa participación na ampliación, por primeira vez en Galicia, do proxecto aos dous últimos cursos  da etapa.  Isto supón que o alumnadode 1º e 2º da ESO terá libros dixitais en todas as materias, polo que non precisan adquirir libros de texto en ningún deste dous cursos. En 3º da ESO, participan todas as materias agás Física e Química (precisaría libro de texto), mentres que en 4º da ESO, as materias non incluídas no proxecto son Física e Química, Matemáticas e Xeografía e Hª (estas dúas últimas, para o curso 21-22).

 

Distribuir contido