IMPORTANTE: AMPLIACIÓN DO PROXECTO EDIXGAL A TODA A ESO.

O IES de Becerreá fora seleccionado  para participar no Proxecto E-Dixgal  desde o 2017-18. Para o curso 21-22, producirase a nosa participación na ampliación, por primeira vez en Galicia, do proxecto aos dous últimos cursos  da etapa.  Isto supón que o alumnadode 1º e 2º da ESO terá libros dixitais en todas as materias, polo que non precisan adquirir libros de texto en ningún deste dous cursos. En 3º da ESO, participan todas as materias agás Física e Química (precisaría libro de texto), mentres que en 4º da ESO, as materias non incluídas no proxecto son Física e Química, Matemáticas e Xeografía e Hª (estas dúas últimas, para o curso 21-22).