INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O USO DOS ORDENADORES INDIVIDUAIS DO PROXECTO EDIXGAL.

ESTE é o Protocolo de uso do equipamento Edixgal do noso centro, que regula a súa utilización diaria dentro do centro por parte do alumnado e profesorado. Ten especial importancia o capítulo 2 do mesmo, que se refire expresamente ás normas de uso dos ordenadores e ás responsabilidades derivadas. AQUÍ está a información específica sobre a cobertura do seguro voluntario para o equipamento do alumnado. Neste enlace https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias verás o documento informativo de interese para as famillias, no que se recollen aspectos como as características do equipamento, uso permitido, actuacións en caso de avarías, seguro opcional, ... Nestoutro enlace https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal podes acceder ao resto de información sobre o Proxecto E-Dixgal.