Anne Rodríguez Orol, que participou na 12ª edición do Parlamento Xove (2021) formando parte do equipo de 1º de Bac do IES de Becerreá, recibiu o galardón que a distingue como unha das mellores oradoras deste torneo escolar de debate (ver noticia sobre o acto). Nesta categoría de Bacharelato participaban 20 equipos e 80 rapazas e rapaces, o que resalta o mérito do desempeño de Anne neses debates. Os nosos parabéns para ela e o ánimo para os equipos do noso centro que participarán na 13ª edición do ano 2022 e que xa comezaron a súa preparación. |
|||