Esta 3ª edición do TDAG, organizado pola Fundación Barrié (https://fundacionbarrie.org/iii-torneo-debate), terá lugar do 25 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2021. O equipo que representa ao noso centro está composto polos membros que podedes ver na foto (de esquerda a dereita): Xulio (profesor preparador), Martín (2º Bac), Alba (1º Bac), Lucía ( 2º Bac) Marcela (2º Bac) e Xiao (2º Bac). O seu primeiro debate telemático terano hoxe luns 25, ás 19:00 horas, contra o 2º equipo do Colexio Santiago Apostol. O segundo enfrontamento será o mércores 27, ás 17:00, co Colexio Cluny (2º equipo), e rematarán esta primeira fase debatendo contra o 3º equipo do Colexio Peñarredonda, o venres 29 ás 15:00. Os 16 equipos con mellor puntuación pasarán á fase final, que se celebrará o día 5 de febreiro con debates presenciais na Coruña. Todos os debates desta primeira fase emítense en directo a través da canle de youtube da Fundación Barrié, e poden acceder a eles a través do enlace dispoñible ao inicio deste texto. |
|||
No apartado "FAMILIAS - Información XERAL" poden atopar información sobre esta posibilidade de cambio, que sería efectiva, de producirse, a partir do curso 21-22. |
|||
Con este vídeo, elaborado polo EDL do noso centro, queremos dexesar boas festas a toda a comunidade educativa do noso centro, coa seguridade de que o próximo ano viviremos tempos mellores e poderemos, coma sempre, vernos os sorrisos! |
|||
Como remate da campaña de actividades desenvoltas ao redor do Correlingua 2020, no IES de Becerreá tivo lugar o 21 de decembro a última destas actividades cun acto que será presentado polo actor Anxo Manoel Lamelo (do grupo Lucecús Teatro) e no que actuou (marabillosamente) o grupo musical Biribirlocke. Na parte inferior queda o vídeo do acto (a partir do minuto 10:25), e o acontecemento foi retransmitido en directo a través de Youtube. Pechará esta campaña do Correlingua 2020 a Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro. O acto contou coa participación directa do alumnado de 1º de Bac, non podendo facerse extensible a tod@s por mor da situación de emerxencia sanitaria. |
|||
PREME AQUÍ o infórmate sobre o contido e obxectivo desta exposición, instalada no centro durante a segunda semana do mes de decembro. |
|||
PREME AQUÍ para informarte das actividades desenvoltas no centro con motivo da cebración do Día Contra a Violencia de Xénero. Aquí quedan os enlaces aos dous vídeos nos que se mostran as nosas iniciativas desenvoltas este ano. |
|||
Nunha actividade organizada polo departamentos de Xeografía e Educación Física do centro, unha parto do alumnado da ESO achegouse ata este enclave do Concello de Becerreá para descubrir as características do aciñeiral máis septentrional de Europa.PREME AQUÍ para coñecer os detalles da actividade. |
|||
AQUÍ tes toda a información sobre os actos desenvoltos no instituto para conmemorar esta data, que entre outros incluíu a asistencia de parte do alumnado da ESO e Bac a unha videoconferencia realizada pola bióloga lucense Sonia Villapol, desde o seu centro de investigación en Houston (USA), charla que se desenvolveu na nosa lingua. |
|||
A pesar da situación tan especial provocada pola crise sanitaria, no noso centro non deixamos de celebrar as tradicións nin desaproveitamos as actividade que enriquecen a vida cotiá do centro. Así, pese ás dificultades, o Equipo de Dinamización Lingüística desenvolveu esta primeira actividade do curso, da que te podes informar premendo AQUÍ. |
|||
Na Deputación de Lugo tivo lugar o acto de conmemoración desta efeméride, e as dúas protagonistas deste acto foron escollidas como tales pola elaboración do vídeo que presentaron durante o confinamento derivado da pandemia da Covid-19, e que podes VER AQUÍ. Se premes AQUÍ, podes acceder a toda a información sobre o acto recollida na prensa lucense, e estas son IMAXES que recollen distintos momentos do acto. Os nosos parabéns a Ainhoa e Andrea pola súa iniciativa e pola perfecta simbiose de imaxe e poesía acadada no seu vídeo, así como pola súa toma de conciencia e exemplo como mulleres, mulleres rurais e mulleres comprometidas. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »