Rafel Pillado visitou o IES de Becerreá para ofrecer ao alumnado de Bac o relato sobre as loitas obreiras polos dereitos laborais en Galicia durante a ditadura franquista. En particular, a súa intervención centrouse na análise das mobilizacións e protestas obreiras na comarca de Ferrol que acaeceron durante os anos 60 e 70 do pasado século. Rafael Pillado foi detido e enviado ao cárcere en varias ocasións por terse involucrado nesa loita política por dereitos agora irrenunciables no mundo laboral e na súa regulación. |
|||