O IES xoga en Cervantes o encontro intercentros de bádminton

O bádminton estreou en Cervantes os encontros Xogade deste curso coa participación de 2º de ESO. As nosas/nosos representantes xogaron partidos individuais e dobres co alumnado de Navia de Suarna, O Courel, Pedrafita de Cebreiro e Cervantes. Fernando foi o encargado de entregar os trofeos, recollido no noso caso, pola capitana Elena Bara.

Unha xornada marabillosa que remata coas ganas de repetir. Pero xa sabedes... o bo, se breve, tres veces bo!

(Na Aula virtual -curso: Actividades Extraescolares- podedes gozar e descargar todas as fotos)

O IES xoga en Cervantes o encontro intercentros de bádminton

O outono chega aos puntos de lectura

Durante o mes de novembro tedes dispoñible unha atractiva selección de libros e revistas de outono nos puntos de lectura, moi ben decorados polo marabilloso Equipo de Biblioteca. A ler!

O outono chega aos puntos de lectura

VOTACIÓNS ELECCIÓN REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS do CONSELLO ESCOLAR DO IES DE BECEEREÁ 19 DE NOVEMBRO 2024

CIRCULAR INFORMATIVA

De acordo coa Convocatoria do día 28 de outubro, do mes en curso, o próximo día 19 de novembro., en horario de 17:00 H a 19:30 H. horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do   IES de Becerreá. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

1º.-Quen pode votar: Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral despois da súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

Comunicación a proxenitores e/ou responsables de datos persoais do alumnado maior de idade

No tocante ás comunicacións a proxenitores e/ou responsables de datos persoais do alumnado maior de idade, o Protocolo de protección de datos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia di: "Ao alcanzar a maioría de idade extínguese a patria potestade dos proxenitores respecto aos seus fillos e fillas, polo que non poderá facilitárselles información académica sen o consentimento inequívoco da persoa titular dos datos (o/a alumno/a maior de idade)".

 

En consecuencia, cando un alumno ou alumna faga os dezaoito anos, as persoas que figuren como responsables deixarán de ter acceso á súa información a través de Abalar e de calquera persoal do centro. Para poder seguir consultando estes datos ou recibir información dende o centro, será preciso contar co consentimento inequívoco do/a alumno/a.

 

APERTURA DA BIBLIOTECA NO IES DE BECERREÁ CURSO 2024-2025

A biblioteca do IES de Becerreá abre as súas portas para toda a comunidade educativa cun acto no que participou alumnado e profesorado do centro. A xornada lúdica estivo marcada polos xogos de pistas para atopar libros e polo pequeno ágape do que puideron disfrutar os asistentes. Preme no vídeo para ver como se desenvolveron os actos.

   

                                                

SAMAÍN 2024 no IES de Becerreá

O pasado 30 de outubro o alumnado de 3º e 4º da ESO do centro interpretou unha terrorífica actuación para profesorado e alumnado co motivo da celebración do Samaín. Foron varios os departamentos implicados, debuxo, música e o Equipo de dinamización da Lingua Galega. 

Ademais o EDl xunto cos departamentos de Debuxo  e Lingua Galega relizaron unha exposición no vestíbulo do centro sobre persoaxes de terror da tradición galega. PREME AQUÍ PARA VER O TRABALLO DESENVOLTO.

PREME NO VÍDEO PARA VER A TERRORÍFICA ACTUACIÓN

 

 

CONVOCATORIA E INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS PARA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR E PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS 2024

PREME AQUÍ para descargar a circular  que contén a información completa sobre todo o proceso de renovación do Consello Escolar que se celebra cada dous anos (postos a renovar, presentación de candidaturas, procedemento de votacións, datas de votación, ...). AQUÍ podes obter o formulario para presentar a túa candidatura ás eleccións polo sector da comunidade educativa ao que pertenzas (familias, alumnado ou profesorado).

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA E PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO

PRESENTACIÓNS:

  • ESO: mércores, 11 de setembro de 2024 ás 10:00 horas.
  • BACHARELATO: mércores, 11 de setembro de 2024 ás 12:00 horas.

COMEZO DAS CLASES:

  • ESO: mércores, 11 de setembro de 2024, despois das presentacións.
  • BACHARELATO: xoves, 12 de setembro de 2024 ás 9:10 horas.

IMPORTANTE (USARIOS COMEDOR): está publicada no taboleiro de anuncios do IES de Becerreá a listaxe de usuarios admitidos no comedor escolar para o curso 2024-2025.

IMPORTANTE (USUARIOS TRANSPORTE): o servizo de transporte escolar funcionará con normalidade desde o 11 de setembro de 2024 (día de comezo das clases). Todas as paradas solicitadas están concedidas.

TEATRO PARA DESPEDIR O CURSO 23-24

VIII PREMIO IES BECERREÁ Á DIFUSIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA NA COMARCA DOS ANCARES

Este é o vídeo que recolle o acto desenvolto para entrega do premio ao colectivo feminino de pandereteiras "Son de Cores". AQUÍ  tes tamén outra información sobre o acto.

Distribuir contido