No tocante ás comunicacións a proxenitores e/ou responsables de datos persoais do alumnado maior de idade, o Protocolo de protección de datos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia di: "Ao alcanzar a maioría de idade extínguese a patria potestade dos proxenitores respecto aos seus fillos e fillas, polo que non poderá facilitárselles información académica sen o consentimento inequívoco da persoa titular dos datos (o/a alumno/a maior de idade)".
En consecuencia, cando un alumno ou alumna faga os dezaoito anos, as persoas que figuren como responsables deixarán de ter acceso á súa información a través de Abalar e de calquera persoal do centro. Para poder seguir consultando estes datos ou recibir información dende o centro, será preciso contar co consentimento inequívoco do/a alumno/a.
Os formularios que deben vir ao instituto son un documento de solicitude de información por parte dos responsables e un documento onde o/a alumno/a maior de idade "Non se opón ao acceso” que poden atopar como adxuntos (abaixo). Se na plataforma de xestión académica a alumna ou alumno figura como titor legal, xa non existiría a posibilidade de que as persoas responsables teñan acceso á súa información salvo que sexa requirido mediante instancia na secretaría do centro. No caso de que o alumno ou a alumna maior de idade “Se opoña ao acceso” tanto Abalar como o persoal do centro NON comunicará ningún tipo de información aos proxenitores. Tampouco se informará de non ter entregados ambos documentos. Becerreá, 9 de novembro de 2024. Dona María Luz Bermúdez Guerreiro Directora do IES de Becerreá (Lugo)
|
|||||||||