O bádminton estreou en Cervantes os encontros Xogade deste curso coa participación de 2º de ESO. As nosas/nosos representantes xogaron partidos individuais e dobres co alumnado de Navia de Suarna, O Courel, Pedrafita de Cebreiro e Cervantes. Fernando foi o encargado de entregar os trofeos, recollido no noso caso, pola capitana Elena Bara. Unha xornada marabillosa que remata coas ganas de repetir. Pero xa sabedes... o bo, se breve, tres veces bo! (Na Aula virtual -curso: Actividades Extraescolares- podedes gozar e descargar todas as fotos) |
|||