CIRCULAR INFORMATIVA De acordo coa Convocatoria do día 28 de outubro, do mes en curso, o próximo día 19 de novembro., en horario de 17:00 H a 19:30 H. horas, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do IES de Becerreá. Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma: 1º.-Quen pode votar: Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral despois da súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous. 2º.- Modo de emitir o voto. a) O voto será directo, secreto e non delegable. b) Os modelos de papeletas da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación. c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes das candidatas, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz como máximo unhadas candidatas relacionadas, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar. d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta. Candidatas/os que se presentan:
D/Dna. María Pilar Aira Lolo D/Dna. Isabel Pinilla Nogueira D/Dna. Isabel Pereira Díaz A dirección do IES de Becerreá anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo día 19 de novembro,como unha forma máis de colaboración na organización do centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar. Becerreá 13de novembro de 2024
O/A director/a do centro,
María Luz Bermúdez Guerreiro
|
|||||||